Que é e como funciona o servizo de mensaxeiro na alta de cliente en liña BBVA?

Explicámosche en que consiste e cal é o funcionamento do servizo de mensaxeiro na alta de cliente en liña BBVA.

Que é un mensaxeiro:

Un mensaxeiro é unha das formas de identificación de novos clientes. A identificación permítenos constatar a identidade do titular da conta antes de que estea operativa. O mensaxeiro é unha persoa física dunha das empresas de mensaxaría que traballan co BBVA. Esta persoa encargarase de verificar que ti es a persoa titular da conta.

Se queres máis información sobre como saber se a túa conta está operativa ou non, fai clic aquí. 

Como funciona o servizo de mensaxeiro na alta de cliente en liña BBVA:
  • Se elixiches a opción “Mensaxeiro”, ao final do proceso mostrarémosche en pantalla un número de teléfono para que poidas pórte en contacto coa empresa de mensaxaría que traballa co BBVA. 
    • Se por algún motivo non puideches contactar coa empresa de mensaxaría para concretar unha cita, poranse eles en contacto contigo chamándote ao móbil para tentar pechar a data e a hora da recollida da túa documentación. 
  • Deberás acordar unha cita no enderezo que indiques e eles pasarán a recoller a túa documentación. 
  • Logo de cotexar os datos achegados, recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico e unha SMS no teu número de móbil que te notificará que a túa conta xa se encontra operativa para realizar ingresos e gastos con total normalidade. Así mesmo, poderás acceder á túa posición global para verificar o estado de emisión da tarxeta.