Como se solicita un xestor Contigo

Explicámosche que pasos debes seguir para acceder ao xestor Contigo.

Como se solicita un xestor Contigo e quen o pode solicitar?

Todos os clientes que cumpran todos os requisitos poderán contratar o xestor Contigo a través de bbva.es ou da app BBVA, simplemente completando un formulario como o seguinte.

Requisitos para solicitar un xestor Contigo

Os requisitos que hai que cumprir para podelo solicitar son diferentes en función de se traballas por conta propia ou allea:

 

Se traballas por conta allea ou recibes algún tipo de pensión

Abondará con que cumpras unha das seguintes características:

  • Ter unha nómina domiciliada no BBVA superior a 1.200 € ao mes.
  • Ter produtos de aforro ou de investimento por un importe superior aos 10.000 €.
  • Ter produtos de financiamento por un importe superior a 3.000 €.

 

Se traballas por conta propia

Tamén poderás solicitar o teu xestor Contigo se cumpres un dos seguintes requisitos:

  • Ter domiciliados no BBVA os seguros sociais ou os impostos por un importe superior a 300 € ao mes.
  • Contar cun seguro de autónomos por un importe superior a 300 € anuais.

Que operacións podo facer cun xestor?

O teu xestor BBVA Contigo poderate axudar en calquera xestión:

  • Informarte dos produtos BBVA nos que esteas interesado.
  • Asesorarte nos teus investimentos ou operacións.
  • Mandarche documentos de contratación de produtos BBVA e asinalos desde a propia app BBVA.