Como é a pantalla de inicio da app BBVA?

Mostrámosche a pantalla de inicio da app BBVA e todos os teus produtos.
Explicámosche como ver todos os produtos que tes contratados e o estado das túas contas e tarxetas BBVA.

Menús e funcionalidades dispoñibles

A app ten un deseño atractivo e intuitivo que facilita a navegabilidade. Para abarcar todas as funcionalidades que inclúe, divídese en tres menús ou botóns principais:

  • Pantalla principal: é a primeira pantalla que aparece na túa app cando inicias sesión (ao introducir o teu usuario e clave de acceso).
  • Barra principal de navegación: na parte inferior, distinguirala porque ten catro iconas.
  • Menú lateral: podes acceder a el na icona de “hamburguesa” (as tres raias horizontais) que tes na parte superior dereita.

 

Pantalla principal (posición global)

Na pantalla principal da app podes acceder rapidamente a algúns dos servizos máis utilizados:

O meu mes: neste apartado recóllese unha vista rápida da túa relación de gastos e ingresos mensuais. Premendo sobre el, accedes ao Panel Bconomy.

Contas: nesta sección móstranse todas as túas contas BBVA. Para acceder a distintos detalles ou operacións das túas contas, podes realizar tres accións: 

  • Swipe right (ou arrastrar cara á dereita) sobre a conta: para buscar movementos ou máis información desa conta.
  • Swipe left (ou arrastrar cara á esquerda) sobre a conta: podes facer unha transferencia ou Bizum, ou seleccionar outra operación no menú desdobrable. 

Tarxetas: cun funcionamento similar ao de “Contas”, móstrache toda a información relativa ás túas tarxetas de crédito e débito BBVA. Arrastrando sobre a tarxeta que prefiras, podes, entre outras opcións, limitar a operativa ou consultar o extracto.

Outros produtos: esta función da aplicación serve para consultar outros produtos financeiros como plans de pensións, fondos de investimento ou aforro, seguros, etc. 

Ferramentas: aquí encontrarás acceso directo a funcionalidades como BBVA Bconomy, BBVA Baby Planner, que te axudan a xestionares mellor as túas finanzas e a tomares decisións no día a día.

 

Barra principal de navegación

Situada na parte inferior da pantalla, dáche acceso ás principais zonas da aplicación: 

  • Posición global: é o teu acceso directo á pantalla de inicio da app.
  • O teu día a día : neste panel encontrarás datos que te poden axudar a controlar e a xestionar as túas finanzas e a tomar mellores decisións.
  • Quero contratar: ofrecémosche produtos personalizados, ademais de toda a nosa gama (préstamos, tarxetas, fondos, etc).
  • A túa caixa de entrada: aquí podes encontrar as túas notificacións e mensaxes ordenadas.
  • O teu xestor: ademais de acceder aos seus datos de contacto, poderás xestionar a vosa relación comodamente:
    • Chamar o meu xestor: contactar con el persoalmente de maneira rápida e directa. 
    • As miñas conversacións: con este botón poderás acceder a conversacións previas, responder e crear novas.
    • Cita previa: só terás que seleccionar se queres a cita presencial ou telefónica, o motivo e a data e hora que desexas.

 

Menú lateral

Para despregar este menú tes que premer sobre a esquina superior dereita da pantalla. Desde el poderás acceder aínda a máis funcionalidades, como por exemplo: 

  • Perfil e axustes de cliente: modifica e consulta os teus datos persoais (móbil, enderezo electrónico, contrasinal) ou cambia o idioma ou a configuración das notificacións. 
  • Facer unha operación: desprega todas as operacións que podes realizar desde a túa app.
  • Oficinas e caixeiros: un acceso directo ao noso localizador, para que encontres o teu BBVA máis próximo. Á hora de buscar unha oficina, terás que distinguir se queres unha con quenda de caixa e cita previa ou non. Lembra activares o GPS do teléfono para utilizalo.
  • Valora a túa experiencia: axúdanos a mellorar valorando a nosa app. Podes propoñernos suxestións de mellora.