Como pedir unha tarxeta de crédito?

Pódela solicitar desde unha oficina ou desde a casa a través de Internet
Unha tarxeta de crédito é a que permite adiar o pagamento de todas as compras que se realicen ata un período de tempo acordado entre o titular da tarxeta e a entidade financeira que a emite. Como o seu nome indica, supón a concesión dun crédito. Debido a esta particularidade, hai unha serie de requisitos que se deben cumprir, así como diferentes vías para pedir unha tarxeta.
Báner superior Tarxeta Después Báner superior Tarxeta Después
Tarxeta Después
Poderás adiar as túas compras e utilizala en máis de 6.000 caixeiros.

Requisitos para pedir unha tarxeta de crédito

Cada entidade financeira pode establecer aos solicitantes dunha tarxeta de crédito uns requisitos. Porén, existen unha serie de características que, por norma xeral, calquera persoa que solicite unha tarxeta debe cumprir. Son as seguintes:

  • Ser maior de idade: cunha tarxeta de crédito, contráese automaticamente co banco a obriga de pagar as compras realizadas a posteriori.
  • É necesario ter uns ingresos que garantan que se vai poder devolver o crédito.
  • Ter un bo historial crediticio: este requisito é unha continuidade do anterior e fai fincapé na necesidade de demostrarlle á entidade financeira que se é solvente e que os pagamentos se realizarán a tempo.
  • Non estar en ningunha lista de non-pagados.
O xeito de demostrarlle á entidade financeira que se cumpren todos os requisitos é facilitando a seguinte información: documento de identidade oficial e un xustificante de ingresos regulares.

Formas que existen para pedir unha tarxeta de crédito

Pódese seguir indo a unha sucursal do banco para solicitar a tarxeta, pero pedir unha tarxeta a través de Internet é unha opción que cada vez gaña máis adeptos. Só se necesita un dispositivo, xa sexa un ordenador, un móbil ou unha tableta, con conexión á Rede. En cuestión de minutos a petición de solicitude dunha tarxeta de crédito estará realizada. O resto de pasos da tramitación son igual de sinxelos.

En bbva.es móstrase un gran catálogo de tarxetas de crédito que ofrece a entidade, ademais dunha explicación detallada de todas as súas características. A Tarxeta Después BBVA é a opción máis “convencional”, permite pagar ao banco as cantidades gastadas ao longo do mes, dunha soa vez ou de maneira fraccionada.

Báner central Tarxeta Después Báner central Tarxeta Después
Tarxeta de crédito BBVA
Adía as túas compras coa Tarxeta Después e accede a máis de 6.000 caixeiros.
Non ser cliente non supón ningunha desvantaxe nin veto á hora de pedir a tarxeta. Unha vez especificado isto, a páxina pedirache que introduzas o límite que desexas para a tarxeta e a forma de pagamento entre pagamento total a fin de mes, pagamento adiado porcentaxe mensual e pagamento adiado cota fixa mensual. A continuación, só hai que introducir os datos persoais e esperar a que un operador en liña valide e confirme a solicitude, e que o informe, se é o caso, da documentación adicional que tería que enviar.
CTA Tarxeta Después CTA Tarxeta Después
Tarxetas - Tamén che podería interesar Tarxetas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche como podes usar este servizo para sacar diñeiro dun caixeiro sen levar unha tarxeta enriba.
  • No BBVA explicámosche as diferenzas entre unha tarxeta de crédito e unha de débito dunha forma clara e sinxela.
  • Explicámosche como ingresar diñeiro nun caixeiro para que o poidas facer sempre que queiras.
Tarxetas - Ferramentas Tarxetas - Ferramentas

Ferramentas de tarxetas

  • Coñece as características de cada unha das tarxetas que BBVA ten para ti grazas a este comparador.