Seguros de viaxe baratos, pagan a pena?

Cando planificamos unha viaxe non adoitamos ter en conta os imprevistos que poden xurdir. Contratar un seguro evitará desgustos.

Como di o refrán, máis vale previr do que curar; ou se hai que curar, que non nos saia por un ollo da cara. Neste artigo contámosche como protexerte ante imprevistos, como perdas de equipaxe, roubos, cancelacións de última hora, urxencias sanitarias, atrasos ou demoras na viaxe. Paga a pena contratar uns seguro de viaxe e gozar do pracer de viaxar con toda a tranquilidade do mundo. 

Cando planeamos unha viaxe centrámonos en encontrar o mellor aloxamento, as excursións máis interesantes, os compañeiros idóneos para realizalo ou o mellor momento do ano para viaxar a ese ou aquel destino. Porén, a miúdo pasamos por alto que poidan xurdir acontecementos inesperados que arruínen a viaxe. 

Unha enfermidade, un accidente, a perda da equipaxe, atrasos ou un regreso anticipado poden supor un desembolso económico moi elevado que te obriguen, incluso, a ter que cancelar a viaxe. Para evitar que estes contratempos nos arruínen a viaxe o mellor é contratar un seguro de asistencia en viaxe.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Paga a pena contratar seguros de viaxe baratos? Depende!

A resposta sempre dependerá do tipo de viaxe que queiras realizar ou do tipo de viaxeiro que sexas. Non é o mesmo facer turismo nunha cidade europea que ir escalar o Anapurnna ou realizar un voluntariado nun país en que existe un alto risco de contraer enfermidades. 

Nalgúns casos, pode que sexa suficiente contratar un seguro básico, máis económico, que cubra gastos médicos, traslados e repatriacións. Ou podes contratar un seguro básico e amplialo con coberturas extras en función das túas necesidades. Á hora de contratar un seguro debes ter en conta o tipo de viaxe que vas realizar ou o tipo de viaxeiro que es. 

Con cal destes tipos de viaxeiros te identifícas? 

  • Os aventureiros e os amantes dos deportes de risco: convén contratar un seguro que cubra os gastos derivados de accidentes ocorridos durante a práctica dalgunha actividade como mergullo, sendeirismo, escalada ou paracaidismo. 
  • Os que queren viaxar con total tranquilidade e seguridade: elixe un seguro que che garanta unha protección total e que cubra os gastos médicos, asistencia médica, axuda telefónica, traslados, repatriación, busca de equipaxe en caso de perda ou os gastos por un regreso anticipado. Para que a túa única preocupación sexa gozar da viaxe ao máximo. (Seguro de viaxe BBVA). 
  • Os que gozan viaxando por Europa e as súas capitais: podes optar por un seguro que inclúa asistencia médica, traslado sanitario e repatriación. 
  • Os que viaxan moi a miúdo: se es unha especie de Willy Fog e gústache viaxar periodicamente, elixe un seguro que che cubra todos as viaxes ao estranxeiro que realices durante un período de tempo, por exemplo, un ano (Miniseguro de Asistencia en Viaje BBVA) 
  • Os que viaxan de maneira moi puntual: asegúrate de ter un amplo capital para gastos médicos no estranxeiro durante a túa viaxe.

Que coberturas básicas debería cubrir un seguro de viaxe?

Antes de contratar un seguro, pensa cales son as túas necesidades. Se queres acceder a coberturas básicas, podes optar por seguros de viaxe básicos que cubran os seguintes gastos: 

  • Gastos médicos, de farmacia e de hospitalización. 
  • Traslado sanitario de doentes e feridos.
  • Transporte de restos mortais. 
  • Perda, danos e roubo de equipaxe. 
  • Demora na viaxe. 

O Miniseguro de Asistencia en Viaje BBVA ou a modalidade ampliada do Seguro de Viaxe BBVA cobren todos estes aspectos. Se o necesitas, podes ampliar o seguro engadindo máis coberturas.

A que me expoño se viaxo sen seguro?

Non contratar un seguro de viaxe déixate desprotexido e calquera imprevisto pode supor un gasto económico importante. Por iso, é interesante que emprendas unha viaxe cun seguro de asistencia, xa que te podes expor ás seguintes situacións: 

  • Desembolsos económicos elevados ante imprevistos. 
  • Falta de seguridade. 
  • Falta de tranquilidade. 
  • Regreso anticipado. 
  • Cancelación da viaxe.
Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Canto custa?

A pregunta que debemos facer cando vaiamos contratar un seguro é: cal sería o custo de calquera imprevisto durante a viaxe? 

Se a cifra é superior ao prezo do seguro, interésanos contratalo. Por exemplo, se o custo que suporía a perda da equipaxe é superior ao prezo do seguro, xa temos compensado o gasto.

Como podo adquirir un seguro de viaxe?

Podes contratar unha póliza de seguro de viaxes ou dar de alta unha tarxeta de crédito que teña asociado o devandito produto

No primeiro caso, pagas a prima e gozas de todas as coberturas desde o primeiro momento, sempre e cando esteas fóra do teu domicilio habitual. 

Se deches de alta unha tarxeta de crédito, a activación do seguro entra en vigor só no caso de que a viaxe en cuestión se aboe integramente coa devandita tarxeta de crédito. É dicir, aquí non pagas unha prima en concepto dun seguro, senón que, polo contrario, te comprometes a pagar todo o teu desprazamento (voos, hoteis, etc.) coa tarxeta da que es titular.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.