Seguro de saúde para viaxes: razóns para contratalo

O prezo de viaxar tranquilo non é nada comparado co risco de viaxar desprotexido.

Coa saúde non se xoga, e menos cando se está de viaxe. Calquera incidente relacionado coa túa saúde, como unha enfermidade repentina ou un accidente, pode saírche moi caro se non contas cun seguro de saúde durante a viaxe que che garanta atención sanitaria se viaxas ao estranxeiro. 

Na maioría dos países non é requisito indispensable contar cun seguro médico para acceder a eles. Pero hai excepcións: Rusia, Mongolia, Armenia ou Taxiquistán, entre outros, non conceden un visado se o viaxeiro non dispón dun seguro de asistencia en viaxe, que inclúe cobertura médica e sanitaria. O máis conveniente sería consultar esta información no Ministerio de Asuntos Exteriores para asegurarnos e non levar sorpresas.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

Se viaxas dentro de Europa

Se viaxas a Europa, non esquezas levar contigo a tarxeta sanitaria europea para ter cobertura médica en todos os países da Unión, tanto se o fas por lecer, traballo ou estudos. Debes ter en conta que a TSE non che garante que a atención sanitaria sexa gratuíta ao cen por cento. Nalgúns casos, é posible que teñas que aboar a cantidade no momento, aínda que cha reembolsen ao teu regreso. 

Coa tarxeta sanitaria europea os españois temos acceso á sanidade pública nas mesmas condicións que os nacionais dos seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Se viaxas fóra de Europa

Fóra do ámbito da tarxeta sanitaria europea, sería bo contratar seguros de saúde de viaxe cun capital asegurado para gastos sanitarios cunha contía elevada. 

O Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda aos viaxeiros contratar seguros médicos nos seus desprazamentos ao estranxeiro para que estean protexidos e cubertos en caso de enfermidade ou accidente durante a viaxe, incluída a evacuación en avión medicalizado. 

No caso de que vaias visitar varios países durante a viaxe, o mellor é asegurarte de que a túa póliza é válida en todos eles e de que estarás cuberto en todo momento.

Existen seguros médicos privados, como por exemplo Seguro BBVA Más Salud, que poden garantir atención sanitaria de urxencia no estranxeiro, incluso en caso de viaxar aos Estados Unidos. 

Por exemplo, o prezo por trasladar unha persoa doente nun avión medicalizado desde os EUA está próximo aos 50 mil euros. Se a viaxe de volta a España se realiza nun voo regular en padiola coa supervisión dun médico, o custo sería aproximadamente uns 20 mil euros. 

Se viaxas ao estranxeiro e queres un seguro que che dea protección e tranquilidade, no BBVA contamos co Seguro de Viaxe BBVA que permite contratar, na súa modalidade ampliada, desde coberturas sanitarias a indemnización por demora da viaxe ou perda, dano e roubo da equipaxe

Se vas realizar actividades ou deportes perigosos

Actividades e deportes como o submarinismo, o alpinismo, a espeleoloxía, a escalada, o kite-surf, o esquí, o parapente ou aquelas relacionadas coa condución son consideradas perigosas, en maior ou menor medida. 

Por esta razón, o máis recomendable é comprobar que o teu seguro de saúde de viaxe inclúe coberturas específicas para estas prácticas e que prevé o necesario para facer fronte a todo o relacionado co rescate, a evacuación médica ou o traslado dos restos mortais.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Se padeces algunha enfermidade crónica ou tes doenzas que requiren o tratamento con medicamentos durante a viaxe, non esquezas levalos contigo na túa equipaxe de man, perfectamente etiquetados e nos seus envases orixinais.

Ademais, cumprirá que teñas a man os datos de contacto do teu médico, a información sobre a túa situación médica e o tratamento e a medicación que esteas tomando. 

Para que ningún imprevisto che arruíne a viaxe e para percorrer o mundo coa tranquilidade e a protección necesaria, recomendámosche que non esquezas contratar un seguro de saúde para a túa viaxe.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.