Seguro para gatos, todo o que debes saber

Protexe os máis curiosos da familia.

Un seguro para gatos é unha póliza que che permite asegurar o teu animal en relación aos danos que poida causar no teu fogar ou a outras persoas e que tamén pode contemplar os gastos imprevistos que poidan xurdir no día a día da vida normal da túa mascota. Neste artigo explicámosche en que consiste este tipo de seguros e como contratalo.

En xeral, a maioría dos seguros para gatos cobren tanto os custos derivados de indemnizacións a terceiros como todos ou parte dos seus gastos médicos e outros aspectos relacionados co coidado do animal. Aínda que os gatos son animais independentes que normalmente non teñen actitudes violentas cos seus donos ou con outros humanos, debido á súa particular natureza curiosa poden chegar a xerar estragos no propio fogar ou na propiedade de terceiras persoas. Por este motivo, é unha boa idea contar cun apoio que protexa da responsabilidade civil ante as eventuais trasnadas do felino e, ao mesmo tempo, para cubrir os gastos derivados das posibles enfermidades do animal.

Báner superior Seguros BBVA Báner superior Seguros BBVA
Descubre os Seguros BBVA
O que máis valoras merece a mellor protección.

A responsabilidade civil e os gastos derivados do comportamento das mascotas

Aínda que os gatos non están considerados como mascotas perigosas e o seu comportamento non adoita ser agresivo, a curiosidade e a territorialidade destas mascotas poden ocasionar accidentes. No caso de danos á propiedade privada de terceiros, estes mesmo poden desembocar nun conflito xudicial cos conseguintes custos legais. Tamén hai que ter en conta que os gatos poden transmitir infeccións ás persoas e que estas enfermidades poden igualmente ser consideradas como danos a terceiros. Os seguros máis completos para gatos inclúen unha cobertura polos danos materiais ou persoais que as mascotas poidan ocasionar a outras persoas e tamén os derivados dos procesos legais que puidesen derivar destes danos. Este tipo de seguros adoita ofrecer tamén un servizo de asesoramento legal gratuíto para estes casos.

Gastos veterinarios

Un dos factores que máis teñen en conta os propietarios de mascotas á hora de contrataren un seguro é a cobertura veterinaria deste. Os gastos veterinarios, especialmente no caso de enfermidades graves que requiran hospitalización do animal, poden supor un desembolso imprevisto importante. Por este motivo, dispor dun seguro veterinario que se faga cargo de todos ou de parte destes gastos é unha opción que dá tranquilidade aos donos, que desta maneira garanten que a súa mascota favorita poida acceder sempre da mellor atención en caso de enfermidade.

Á hora de decidir se é conveniente contratar un seguro veterinario para gatos, é preciso ter en conta varios factores. Por un lado, hai que avaliar as características do animal e o estado físico en que se encontra —vacunas, idade, alimentación, etc.—. Neste sentido, hai que dicir que as aseguradoras adoitan esixir un exame previo do animal e poden excluír total ou parcialmente a cobertura médica, de maneira que non inclúa os gastos derivados de enfermidades previas á contratación do seguro, algunhas doenzas conxénitas ou os gastos médicos dos animais máis vellos. Tamén hai que ter en conta que os gatos non son animais moi expresivos e que, ás veces, poden padecer unha enfermidade en silencio durante moito tempo, o que sempre derivará en maiores gastos veterinarios unha vez que esta sexa detectada. Ademais, os gatos tamén presentan na idade avanzada unha serie de enfermidades típicas que requiren tratamento, polo que contratar un seguro veterinario cando a mascota aínda é nova pode ser unha boa idea.

En xeral, a maioría dos seguros para gatos inclúen cobertura veterinaria en clínicas contratadas pola aseguradora e a totalidade ou parte dos gastos relacionados co tratamento do animal. Moitos contan tamén cun servizo telefónico de atención veterinaria que ofrece consellos en caso de enfermidade e asesoramento sobre o coidado do animal.

Báner central Seguros BBVA Báner central Seguros BBVA
Coñece os nosos seguros
E elixe o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Outros aspectos que cobren os seguros para gatos

Ademais dos gastos derivados dos danos a terceiros e dos coidados médicos que poida necesitar a mascota, moitos seguros ofrecen tamén cobertura para outros casos derivados dos coidados do animal, como os dos trámites vinculados á obtención de certificados en caso de extravío ou morte, indemnizacións por roubo ou accidente ou compensacións económicas para contribuír á busca da mascota en caso de extravío.

Xa sexa para acoller un acabado de chegar ao teu fogar ou para coidar un compañeiro de longa estancia na túa casa, contratar un seguro darache tranquilidade e permitirache saber que podes ofrecer ao teu gato os mellores coidados.

CTA Seguros BBVA CTA Seguros BBVA
Seguros - Tamén podería interesarche Seguros - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Contámosche as características dun seguro de renda vitalicia e explicámosche cales son as súas vantaxes.
  • Dada a obriga de reparar os danos causados a outros, pode precisarse un seguro de responsabilidade civil.
  • Explicámosche o seu funcionamento, as súas claves e como podes identificar cal se axusta ás túas necesidades.
Seguros - Ferramentas Seguros - Ferramentas

Ferramentas de seguros

  • Fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros e descubre canto poderás aforrar se decides incluílos no Plan EstarSeguro BBVA.