Que é o Plan MOVES?

Coñece as axudas para comprar coches ecolóxicos.

En España adoitamos pensar en cambiar o noso vehículo cando este xa ten uns 10 anos, o que o fai menos seguro e, ademais, máis contaminante. Dous aspectos que tamén preocupan o Goberno e o IDAE e fronte aos cales implantaron unha serie de axudas para intentar potenciar a compra de coches ecolóxicos, en concreto, de dous tipos: eléctricos e híbridos enchufables. 

Estas axudas son coñecidas como Plan MOVES e o seu obxectivo non é unicamente que renovemos este medio de transporte. Tamén buscan mellorar a calidade do aire e, con iso, combater o quecemento global. De feito, a implantación desta última fixo que as vendas dos vehículos ecolóxicos suban con respecto ao ano anterior. 

Báner Superior Coches Ecolóxicos Báner Superior Coches Ecolóxicos
Préstamo Coche Ecolóxico
Benefíciate de condicións especiais á hora de comprar o teu vehículo.
O Plan MOVES conta cun orzamento de 45 millóns de € e estará vixente ata finais de 2019 (ou ata que se invista o seu importe total). As encargadas de xestionaren o diñeiro, aínda que é unha axuda que sae do Goberno central, serán as comunidades autónomas. Cada unha conta cun contía económica en función do número de habitantes que irá dando segundo un criterio que ela mesma estableza.

Outras axudas do Plan MOVES

Á parte da compra de vehículos eléctricos e híbridos enchufables, á que dedica entre un 20 % e un 50 % da partida total, o Plan MOVES tamén inclúe outras axudas destinadas, por exemplo, á ampliación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (un máximo de 100.000 €), á implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas e á adopción de medidas que contemplen o transporte ao traballo en empresas. 

Iso si, para poder recibir a subvención (dá igual o caso dos mencionados anteriormente) é preciso o achatarramento dun turismo de máis de dez anos ou, no caso dunha furgoneta ou camión lixeiro, con máis de sete, os cales deben ter a ITV pasada (na data de 16 de febreiro de 2019).

Báner Central Coche Báner Central Coche
Descubre o simulador de préstamos do BBVA
Obtén o préstamo en liña que necesitas para comprar o teu coche novo.

Como o solicito?

Accédese ao Plan Moves de forma telemática, completando o correspondente formulario de solicitude. 

Para facelo hai que ser maior de idade e propietario, mínimo durante un ano, dun vehículo de máis de 10 anos (compróbase co imposto de matriculación). Se se cumpren ambos os requisitos, e así que se complete o citado formulario, será xa a comunidade autónoma a que teña un prazo máximo de 2 meses para iniciar a revisión deste.

Un préstamo con condicións especiais

Se estás a pensar en renovar o coche e necesitas un préstamo, o BBVA ofréceche o Préstamo Coche Ecolóxico co que te poderás aproveitar dun tipo de xuro especial. Entra en bbva.es e infórmate.
CTA Coches Ecolóxicos CTA Coches Ecolóxicos
Préstamos - Tamén podería interesarche Préstamos - Tamén podería interesarche

Tamén che podería interesar

  • Explicámosche como funciona unha reunificación de débedas, ademais das súas vantaxes e inconvenientes.
  • Unha das maiores garantías que ten o banco para asegurar a devolución do préstamo é a nómina.
  • Explicámosche en que consisten os créditos instantáneos e como se pode conseguir un.
Préstamos - Ferramentas Préstamos - Ferramentas

Ferramentas de préstamos

  • Calcula as condicións de financiamento do préstamo que necesitas da man do noso simulador e en tan só 3 minutos.
  • Axudámoste a calcular as condicións de financiamento do teu próximo coche co noso simulador de préstamos especializados.