Renda 2018, todo o que deberías saber

Claves para a presentación da declaración da renda.
No pasado martes 2 de abril de 2019 comezou a campaña da Renda 2018 e, para te axudarmos nos trámites necesarios para presentala, neste artigo imos examinar varios aspectos significativos, como as datas clave e o tratamento fiscal de diferentes produtos financeiros.
Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Datas clave que hai que ter en conta na campaña da renda 2018

  • Desde 15 de marzo é posible consultar no web da Axencia Tributaria os datos fiscais e obter o número de referencia.
  • Desde 2 de abril pódese presentar a declaración da renda 2018, por Internet ou por vía telefónica. Cómpre destacar que os contribuíntes teñen á súa disposición a app da Axencia Tributaria (gratuíta e dispoñible para Android en Google Play e na App Store para o iPhone) desde a que é factible consultar o borrador e presentar a declaración.
  • No día 9 de maio iníciase o prazo para a solicitude de cita previa nas oficinas da AEAT e doutras entidades colaboradoras. Igualmente, podes solicitar este servizo por vía telefónica, Internet ou a través da app da Axencia Tributaria.
  • A partir de 14 de maio, será posible a presentación presencial da declaración da renda, xa sexa a través das propias oficinas da Axencia Tributaria, de entidades colaboradoras ou de comunidades autónomas.
  • Lembra que o prazo para presentar a declaración finaliza o día 1 de xullo de 2019. En todo caso, para aqueles contribuíntes cuxa declaración lles saia a pagar e queiran domiciliar o pagamento, a súa data límite será o 26 de xuño.

Tratamento fiscal dos produtos financeiros

Á hora de elaborar a declaración da renda convén ter en conta que os produtos financeiros dan lugar a dous tipos de rendas fiscais:

  • As ganancias ou perdas patrimoniais que son as xeradas principalmente pola transmisión de accións e de fondos de investimento.
  • Rendementos de capital mobiliario que son as contraprestacións recibidas por xuros bancarios, dividendos e outros instrumentos financeiros. En todo caso, cómpre indicar que quedarían excluídos desta categoría os fondos de investimento e os plans de pensións dos que falaremos máis adiante.

En ambos os casos, a tributación oscila entre o 19 e o 23 % e hai que computalos na base impoñible do aforro. Por outra banda, é importante lembrar que a transmisión de dereitos de subscrición preferente xerará unha ganancia patrimonial que debe ser sometida a retención.

Medidas que permiten rebaixar a carga fiscal

Os contribuíntes pódense beneficiar de certas deducións que permiten rebaixar a carga fiscal da declaración da renda. É o caso da dedución por investimento en vivenda habitual, aplicable a aqueles compradores que adquiriron o inmoble antes de 1 de xaneiro de 2013 e por un importe máximo de 9.040 euros por contribuínte.

Con respecto á tributación dos fondos de investimento, unha das súas grandes vantaxes é que o traspaso entre fondos (é dicir, trasladar o investimento desde un fondo a outro) cumprindo determinados requisitos non tributa ata que non se produce o reembolso definitivo deste (“réxime de adiamento”). Para efectos fiscais, debe considerarse como ganancia ou perda patrimonial, e, polo tanto, cómpre integralo na base impoñible do aforro no IRPF. Podes ampliar información sobre estas e outras vantaxes fiscais dos fondos de investimento no noso artigo "Así é a fiscalidade dos fondos de investimento".

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Por outra parte, se investiches en plans de pensións, lembra que as achegas poden supor un aforro fiscal na declaración do IRPF. Desta maneira, para os titulares dun plan de pensións é posible desgravar as súas achegas cun límite, que será o menor das seguintes cantidades: 8.000 euros ou o 30 % dos rendementos netos do traballo e/ou actividades económicas. Estes límites pódense ver aumentados se se realizan achegas a favor do cónxuxe ou de persoas con discapacidade.

Se estás considerando investir nun plan de pensións convidámoste a ler os artigos “Claves da achega a un plan de pensións” e “Como rescatar un plan de pensións da maneira máis rendible” onde explicamos de maneira detallada os tipos e contías de amortización, as distintas formas de rescate e as vantaxes fiscais deste produto financeiro. E é que cunha axeitada estratexia de aforro é posible beneficiarse de significativas rebaixas fiscais.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións

Tamén che podería interesar

  • Contámosche que aspectos debes valorar antes de acceder ao capital acumulado no teu plan de pensións.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?