Así se pode calcular canto se cobrará de xubilación

Descubre que aspectos debes ter en conta para saber que pensión che corresponde.

A prestación por xubilación cobre a perda de ingresos que sofre unha persoa cando, unha vez atinxida a idade establecida, cesa o seu traballo por conta allea ou propia e pon fin á súa vida laboral. En España, o sistema de protección ten dous niveis

  • Contributivo: para as persoas que cotizaron ao sistema un tempo mínimo. 
  • Non contributivo: para as persoas que non cotizaron ou que o fixeron durante un período insuficiente para accederen a prestacións do nivel contributivo.

Para ter acceso a unha pensión contributiva de xubilación hai que cotizar durante polo menos 15 anos e, ademais, que polo menos 2 anos fosen cotizados no intervalo dos 15 anos previos a causar o dereito.

Para calcular canto se cobrará de xubilación é preciso coñecer primeiro a base reguladora. Neste artigo explicámosche como podes calcular a túa base reguladora para saber canto cobrarás de pensión.

Báner superior Calcula xubilación Báner superior Calcula xubilación
Aforra para a túa xubilación
Calcula a súa mellora coas achegas a un plan de pensións

Que necesitas saber para calcular a túa pensión?

No nivel contributivo, a contía das prestacións é directamente proporcional ás achegas que se realizasen ao sistema. Isto coñécese como principio de proporcionalidade contributiva.

Antes de comezar a calcular a túa futura pensión, debes saber que o sistema de pensións en España está a sufrir mudanzas graduais a partir da Lei 27/2011, que empezou a implantarse no ano 2013. Estes cambios, que se irán aplicando paulatinamente ata 2027, supoñen un aumento progresivo da idade de xubilación e dos anos de cotización que son tidos en conta para calcular a pensión ou obter o 100 % da base reguladora. Tendo en conta estes cambios, hai varios aspectos que hai que ter presentes á hora de calcular a pensión: o número de anos cotizados, a idade de xubilación, a base reguladora e o período de cotización que se utiliza para calcular a base reguladora.

  • O tempo mínimo de cotización que a lei esixe para poder reclamar unha pensión é de 15 anos cotizados. Pero este período mínimo garante só unha pensión do 50 % da base reguladora. Para poder cobrar o 100 %, é preciso que se cotizase un número maior de anos, que na actualidade é de 35 anos e 6 meses, e que chegará a 37 anos en 2027.
  • Canto á idade de xubilación, en 2019, a idade ordinaria é de 65 anos e 8 meses, salvo para quen cotizase polo menos 36 anos e 9 meses, que se poderá retirar aos 65 anos. Desde 2017, a idade será de 67 anos, pero quen cotizase polo menos 38 anos e 6 meses poderase xubilar aos 65 anos.
  • A base reguladora é unha cantidade que se calcula sumando as bases de cotización incluídas na nómina de cada traballador e que equivalen aproximadamente ao seu salario bruto durante os anos previos á xubilación. É unha figura importante porque é a que permite saber canto se cobrará de pensión unha vez establecida a porcentaxe da base reguladora correspondente en función do tempo cotizado tal e como se explicou anteriormente.

Para calcular a base reguladora, son tidas en conta as bases de cotización dun determinado período anterior á xubilación. Este período, que antes da Lei de reforma das pensións era de 15 anos, é en 2019 de 22 anos e aumentará progresivamente ata fixarse en 25 anos en 2022.

A pensión final será unha porcentaxe desta base reguladora. Con 15 anos de cotizacións accédese ao 15 % desta base. Para alcanzar o 100 %, esíxese en 2019 que se cotizasen polo menos 35 anos e 6 meses. En 2027 e anos sucesivos, haberá que cotizar polo menos 37 anos.

Báner central Plan de pensións Báner central Plan de pensións
Plans de pensións adaptados ás túas necesidades
Coñece as distintas opcións que che ofrecemos

Que ocorre se a pensión resultante é maior ou menor do establecido pola lei?

No caso de que un traballador cotizase a xornada parcial, ou con salarios baixos e que, á hora de calcular a súa pensión, esta estea por debaixo da mínima fixada pola lei, o Estado completará a súa pensión ata chegar á mínima legal, pagándolle o que se denomina complemento a mínimos. Para poder percibir estes complementos, esíxese acreditar unha determinada carencia de rendas e residir en España.

Tamén pode acontecer o contrario, que un traballador cotizase salarios elevados e a pensión resultante supere a pensión máxima fixada pola lei. Nestes casos pérdese o excedente cotizado, xa que non é posible recibir unha pensión superior á máxima.

Así que saibas como calcular a túa pensión, poderás valorar se é suficiente ou non para manter o teu nivel de vida tras a xubilación. Se queres garantir tranquilidade para o teu futuro e obter ingresos complementarios á túa pensión, suxerímosche que botes unha ollada aos nosos plans de pensións, onde poderás encontrar toda unha gama de produtos de aforro BBVA para todo tipo de idades e perfís de investimento. Entra en bbva.es e descubre o plan de pensións máis adecuado para ti.

CTA Simulador pensións CTA Simulador pensións
Plans de pensións - Tamén che podería interesar Plans de pensións - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Estes son os cambios realizados en 2018 arredor das pensións e a cantidade máxima que se pode recibir de xubilación.
  • Estes son os cálculos que debes realizar para obter a prestación da pensión que recibirás tras xubilarte.
  • Varios factores poden afectar á retención do IRPF das pensións de xubilación. Descubre a túa porcentaxe.
Plans de pensións - Ferramentas Plans de pensións - Ferramentas

Ferramentas de plans de pensións

  • Cal sería o importe da túa pensión pública cando te xubiles? Descóbreo en tres sinxelos pasos.
  • Encontra o plan de pensións que mellor se adapte ás túas necesidades de aforro e comeza a planificar o teu futuro.
  • O noso comparador permitirache coñecer as características de todos os nosos plans e elixir o que mellor se adapte a ti.
  • Co noso simulador poderás coñecer a prestación final que recibirás así que te xubiles.
  • Queres saber canto poderías aforrar na túa declaración da renda facendo achegas a un plan de pensións?