Como funciona un simulador de taxación en liña

Explicámosche como funciona un simulador, as utilidades que ofrece, e como te pode axudar na compra dunha nova vivenda.

A taxación dun piso, ou taxación inmobiliaria, é o proceso polo cal un taxador ou unha taxadora homologado/a polo Banco de España determina o valor que ten unha determinada vivenda ou inmoble no mercado. Entre outros requisitos, para que unha taxación sexa válida, o taxador debe visitar en primeira persoa a casa. No entanto, recorrer a un simulador de taxación en liña pode ser unha ferramenta preliminar moi útil que nos axude a coñecer o prezo en función do barrio e, incluso, que nos permita facer os primeiros números en relación á futura compra.

Os documentos resultantes da taxación son, ademais de imprescindibles, moi importantes á hora de pedir unha hipoteca á entidade bancaria por dous factores. O primeiro deles é que a entidade bancaria se asegura o valor que ten o inmoble no mercado inmobiliario. Isto garántelle ao banco que, en caso de falta de pagamento do cliente hipotecado, poida cubrir a débeda. En segundo lugar, a taxación serve para establecer o importe de financiamento que concederá o banco. En xeral, este é un 80% do valor da taxación.

Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.
Para entender mellor esta segunda aplicación da taxación dunha casa, poremos un exemplo. Supoñamos que o valor de venda do piso que queremos adquirir é de 100.000 € e o seu valor de taxación é de 80.000 €. Como dixemos, o banco financia ata o 80% do valor de taxación que, neste caso, sería o 80% de 80.000 €. É dicir, concedería unha hipoteca para financiar 64.000 €. Se, como neste caso, o valor de taxación é inferior ao de compra, o interesado tería que ter aforros para sufragar o diñeiro restante. Porén, poderíase usar esa diferenza para negociar co vendedor e rebaixar o prezo ata aproximalo máis ao valor estipulado polo taxador de casas.

BBVA Valora

BBVA Valora facilítache o prezo aproximado dunha vivenda a partir da información do valor catastral da vivenda (xeoposición, m2, ano de construción e determinadas características da vivenda) e tamén con base en ofertas publicadas de vivendas semellantes e próximas. Este é un valor aproximado que nunca substitúe unha taxación.

Para usar esta funcionalidade hai que entrar en BBVA Valora e seleccionar o botón “Analiza unha vivenda”. Se non es cliente BBVA, poderás analizar ata seis casas distintas. Se, polo contrario, es cliente BBVA, terás a opción de analizar todas as vivendas que queiras sen un límite máximo de buscas.

Para analizar o prezo estimado da vivenda, só hai que introducir o seu enderezo completo: provincia, municipio, nome da vía, número, portal, escaleira, andar e porta. Unha vez introducidos os datos, aparecerá toda a información relativa á casa para que poidamos coñecer unha estimación da súa taxación.

Despois de analizar a vivenda e coñecer o seu valor aproximado, BBVA Valora tamén che permite saber como é o barrio no que se encontra a casa. Poderás obter información de catro aspectos fundamentais á hora de te mudares a unha nova veciñanza:

  • Cantas vivendas hai nesa zona e a información relativa ao seu prezo, superficie e prestacións.
  • Número de vivendas que están en venda con respecto ao total. Isto é importante porque, a maior número de casas ofertadas, máis posibilidades de negociación existen para o comprador.
  • Evolución do prezo estimado de venda por metro cadrado.
  • Tipos de inmobles que existen na zona.

Para coñecer todo o importante da nova zona escollida, só hai que pulsar o botón “Analiza un barrio”. Despregarase un mapa e un buscador na parte superior no que haberá que escribir o enderezo e o raio de interese. En cuestión de segundos, aparecerán todas as ofertas inmobiliarias, así como a capacidade de negociación en función dos pisos dispoñibles e o total do parque inmobiliario do barrio.

Por último, BBVA Valora permíteche facer os teus números. Grazas ás calculadoras e simuladores incluídos na ferramenta poderás:

  • Escoller a hipoteca que máis se adapte ao teu orzamento e á túa capacidade financeira.
  • Coñecer o impacto que terá a compra da vivenda nas túas finanzas en diferentes escenarios.
  • Saber aproximadamente os gastos asociados á compra e á hipoteca.

Para facer uso desa funcionalidade, só hai que seleccionar o botón “Fai os teus números”. A continuación, só haberá que especificar os teus ingresos netos mensuais, a cidade onde está a vivenda, o seu prezo, o diñeiro que necesitas do banco e os anos en que queres devolver a hipoteca. Cando todos eses datos estean introducidos na ferramenta, será mostrada a cota mensual que deberías pagar. Ademais, o simulador tamén ofrecerá información sobre a cota que terías que pagar no futuro se o euríbor subise o 3% e se os teus ingresos mensuais diminuísen un 30% con respecto aos actuais.

Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

App BBVA Valora View

Tamén tes á túa disposición BBVA Valora View, unha aplicación para dispositivos móbiles que facilita o proceso de busca de vivenda, ofrecéndoche información útil. Por exemplo, mediante un mapa intelixente que che mostra os prezos nas diferentes zonas, para que saibas cales se achegan máis ao teu orzamento de compra. Ademais, tamén dispós da posibilidade de enfocar coa cámara do móbil calquera vivenda para obteres un prezo aproximado dela. Esa información conséguese a través do valor catastral da vivenda e de ofertas de características similares na mesma zona. A app está dispoñible tanto para clientes como para non clientes do BBVA.
CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.