Que é BBVA Valora: funcionalidades

É a ferramenta que che permite descubrir canto pode valer a casa que queres comprar ou alugar para que tomes a mellor decisión

BBVA Valora é a ferramenta en liña da entidade que che axuda a descubrir o valor estimado da casa que queres, ben para comprala ben para alugala. Entre outros servizos, tamén che permite agrupar todos os gastos derivados da vivenda, así como toda a información relacionada con ela para que tomes as mellores decisións se queres realizar reformas ou controlar as túas facturas.

Podes usar BBVA Valora para dous grandes grupos de actividades. Por un lado, se estás buscando comprar ou alugar unha casa, a ferramenta converterase na túa mellor aliada grazas ás súas funcionalidades de análise da vivenda seleccionada, do barrio en que está situado. Isto permitirache ver o impacto estimado que tería o investimento nas túas finanzas. Polo outro lado, podes usar a ferramenta cando xa teñas a vivenda para agrupar todos os gastos de mantemento, posibles reformas e gastos derivados do uso do fogar, como luz e gas. Desta forma non se che escapará ningunha opción e poderás decidir se cambiar a bañeira agora ou esperar. Se xa es propietario ou inquilino dun piso, con BBVA Valora poderás coñecer tamén todo o relacionado co teu Seguro Vivenda BBVA, así como todos os detalles da túa hipoteca BBVA.

Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Para usar BBVA Valora só hai que ter un dispositivo con conexión a Internet, xa que se pode acceder a ela tanto desde bbva.es (web e móbil) como da app BBVA. Desta maneira poderaste beneficiar dos seus servizos en calquera lugar e momento, sen as limitacións tradicionais dos horarios de oficina.

Porén, antes de contar unha por unha as funcionalidades e usos de BBVA Valora, é fundamental entender que os datos relacionados coas vivendas, o barrio e o cálculo de números que ofrece son sempre estimacións. Son datos moi útiles á hora de negociar o prezo de compra dunha casa ou para establecer o prezo de venda da nosa, pero non se trata dunha información oficial nin vinculante.

Valorar o que buscas

Baixo este nome agrúpanse as tres funcionalidades que te guiarán e asesorarán no proceso de busca dunha casa para comprar ou alugar:

  • Analiza unha vivenda.
  • Analiza o barrio.
  • Fai os números.

Analiza unha vivenda

Con esta funcionalidade do BBVA Valora poderás coñecer o prezo aproximado de compravenda ou alugamento dunha vivenda dunha maneira rápida e sinxela. Toda a información é xerada e ofrecida por Madiva Soluciones, S.L., empresa que a obtén a partir da información catastral da vivenda que está a ser analizada e outras fontes (indicadas nas bases legais de Valora). É dicir, a valoración coñece a súa xeoposición, os seus metros cadrados, o ano en que foi construída e o resto de características relevantes da vivenda que poden influír no seu prezo estimado. Ademais desta información, tamén se inclúen na análise os datos relativos ao resto de ofertas publicadas de vivendas semellantes e próximas.

A ferramenta permíteche analizar ata seis vivendas distintas sen necesidade de rexistrase (tras o login, pódese analizar sen límites) para que poidas comparar e tomar a decisión que máis che conveña, sempre sendo consciente de que unha estimación non substitúe unha taxación.

Para analizar a vivenda só hai que introducir os seguintes datos relacionados coa súa localización: a provincia á que pertence, o municipio onde está, o nome da vía, o número, o portal, a escaleira, a planta e a porta. En vez de por estas informacións, tamén se pode buscar pola referencia catastral da casa. Cando estean todos os datos especificados, basta con premer o botón inferior “ver información vivenda” e BBVA Valora ofrecerache unha estimación do valor de venda ou alugueiro da casa en cuestión.

Analiza o barrio

A zona onde está situada unha casa é un factor moi importante á hora de decantarse por ela. Por iso, BBVA Valora conta coa función de analizar o barrio en cuestión e coñecer aspectos como o número de vivendas que hai na zona, así como o seu prezo e a súa superficie media. Tamén ofrece información sobre o número de vivendas en venda con respecto ao total, porque canto maior sexa a oferta, maior capacidade e marxe terás para negociar o prezo de venda ou alugueiro. Pero esta función non queda aí, senón que tamén achega datos sobre a evolución do prezo estimado por metro cadrado no barrio e os tipos e inmobles maioritarios da zona.

Para poder ver a información de todos os aspectos mencionados só hai que definir unha área no mapa que aparece na pantalla do móbil, tableta ou ordenador. Unha vez establecido o raio de análise que queremos, hai que escribir un enderezo do cal queremos que BBVA Valora nos ofreza a información.

Fai os teus números

Por último, dentro da funcionalidade de valorar o que buscas, BBVA Valora permite coñecer o importe que terá a compra da vivenda nas túas finanzas. Grazas aos simuladores e calculadoras do BBVA poderás escoller a hipoteca que mellor se adapte ás túas necesidades, ver o impacto nas túas finanzas en diferentes escenarios e coñecer os gastos asociados á compra e ao préstamo hipotecario.

Para poderes facer os números e cálculos será necesario que introduzas na ferramenta a seguinte información para determinar a túa capacidade económica: os teus ingresos netos mensuais, a localidade en que está situada a vivenda, se esta será a túa residencia habitual ou non, o prezo da vivenda, o diñeiro que necesitas prestado e os anos que tardarás en devolver o préstamo.

Valorar o que tes

Esta segunda funcionalidade de BBVA Valora só está dispoñible para clientes BBVA e está pensada para serche de axuda unha vez que xa teñas comprada ou alugada a casa. Con ela poderás controlar os teus gastos cotiáns como a luz, o gas ou a auga, ademais de consultar o detalle destes gastos por mes e o acumulado de todo o ano. Tamén poderás planificar as reformas que necesite a túa casa e a renovación de electrodomésticos. Grazas ao botón “Mantemento”, BBVA Valora axúdache a planificar e a financiar eses dous supostos, sempre a partir do ano de construción ou da última reforma.

Por último, poderás usar esta función para consultar as condicións, o estado e todos os detalles tanto do teu Seguro Vivenda BBVA como da túa hipoteca BBVA. En caso de non teres contratado algún destes produtos, a ferramenta asesórate sobre todas as súas vantaxes e condicións.

Se estás a buscar unha casa ou xa tes unha pero desexas ter todos os seus gastos asociados reunidos e controlados, non dubides en usar BBVA Valora para comezar a beneficiarte de todas as súas funcionalidades.

Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

BBVA Valora View, a app para buscar casa

Se estás buscando casa, ofrecémosche unha axuda diferente grazas á aplicación BBVA Valora View. Dispoñibles para clientes e non clientes, ofréceche información moi útil acerca do prezo aproximado dunha vivenda, dunha zona ou dun barrio. Se estás interesado/a nunha casa concreta, só con enfocala coa cámara do teléfono móbil obterás datos interesantes, como o valor aproximado da casa, obtido mediante o valor catastral, e as ofertas de casas similares da zona. Ademais, saberás se está dispoñible para a súa compra ou alugamento. Poderás gardar en favoritos as vivendas que che gustaron, e usar o mapa intelixente para desprazarte por diferentes zonas e coñecer o prezo medio das casas.
CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.