Claves para elixir a mellor hipoteca

Mostrámosche un vídeo en que che explicamos as claves para elixir o mellor préstamo hipotecario

Para contratar a mellor hipoteca é importante prestar atención a diferentes factores como o tipo de xuro ao que estará suxeita ou as comisións asociadas, entre outros.

Tipo de xuros

No actual mercado bancario existen, principalmente, dous tipos de hipotecas atendendo ao xuro ao que estean referidas.

Báner superior hipoteca fixa Báner superior hipoteca fixa
Hipoteca Fija BBVA
A tranquilidade de pagar o mesmo cada mes.

Tipo de hipoteca

Hipoteca a tipo variable

Neste tipo de préstamos hipotecarios o xuro calcúlase de acordo cun índice de referencia que, en España, é maioritariamente o euríbor. A cota mensual á que terá que facer fronte o cliente variará en función da evolución do euríbor, que poderá subir ou baixar tras cada revisión.

Estes préstamos hipotecarios adoitan ter un tipo de xuro menor ca os préstamos a tipo fixo; porén, ao depender do euríbor para calcular o seu custo, a súa contratación adáptase mellor a economías familiares cunha maior capacidade de facer fronte ás posibles variacións na cota mensual. 

Hipoteca a tipo fixo

Nos préstamos hipotecarios a tipo fixo a cota mensual que hai que pagar non varía durante toda a vida da hipoteca. Págase a mesma cota todos os meses, aínda que os tipos de xuro do mercado suban ou baixen.

Polo xeral, os préstamos hipotecarios a tipo fixo teñen uns xuros máis elevados que os préstamos hipotecarios a tipo variable. A vantaxe deste tipo de hipotecas é que teñen un custo fixo que nunca variará, polo que se adaptan mellor a economías familiares con pouca capacidade de afrontar subas na cota mensual. 

O TIN e a TAE

Á hora de explicar o custo dos seus produtos hipotecarios, as entidades bancarias recorren a dous acrónimos: TIN e TAE.

O TIN (ou TXN) é o tipo de xuro nominal, a porcentaxe que aplican as entidades de crédito por prestar diñeiro. Este xuro calcúlase aplicando unha porcentaxe ou tipo sobre o capital prestado ao cliente. A devandita porcentaxe aplícase sobre o capital pendente de devolución en cada momento. O TIN non inclúe gastos nin comisións.

Pola súa banda, a TAE é o acrónimo de taxa anual equivalente, o tipo de xuro que indica o custo efectivo dun préstamo durante un período determinado. Calcúlase de acordo cunha fórmula matemática que ten en conta o tipo de xuro nominal da operación, a frecuencia dos pagamentos (mensuais, trimestrais, etc.), as comisións bancarias e algúns gastos xerados pola operación. A TAE permite comparar entre bancos o custo efectivo dun mesmo produto, polo que é un dos datos que se deberían ter máis en conta á hora de decidir a contratación dun determinado préstamo hipotecario.

As comisións dun préstamo hipotecario

Todos os préstamos hipotecarios do mercado comportan o pagamento dunha serie de comisións, que varían en función da entidade bancaria. É importante que o cliente revise a existencia destas comisións, que poden elevar o prezo final do préstamo hipotecario. Cómpre resaltar que non todos os bancos cobran as mesmas comisións nin o seu custo para o cliente é o mesmo.

Comisión de apertura

Esta comisión abóase ao inicio da vida do préstamo hipotecario polos trámites sobre a formalización e posta a disposición dos fondos do préstamo. O seu custo pode ser unha cantidade fixa ou unha porcentaxe variable do total do préstamo.

Comisión de conta asociada á hipoteca

Algunhas entidades bancarias requiren a apertura dunha conta en que se cargarán as cotas mensuais durante o tempo que dure o período de amortización.

Báner central Báner central
Temos a hipoteca que se adapta a ti
Descubre as hipotecas do BBVA e encontra a túa.

Comisión de novación modificativa

A novación dun préstamo hipotecario é toda modificación que se produza neste despois de asinalo e que comporte un cambio nas súas condicións.

Comisión por subrogación acredora

A subrogación dun préstamo hipotecario consiste en trasladar o noso préstamo dunha entidade bancaria a outra, o que comporta uns gastos asociados e, ademais, pode comportar o cobramento dunha comisión.

Comisión por amortización parcial ou total

Págase como compensación á entidade bancaria polo rendemento que deixa de percibir ao cancelar parcial ou totalmente o préstamo de maneira anticipada.

Por último, para escoller a mellor hipoteca é imprescindible comparar todas as ofertas do mercado atendendo aos conceptos xa sinalados. 

CTA Estudo CTA Estudo
Hipotecas - Tamén che podería interesar Hipotecas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Sabes por que se produce a evolución do euríbor? Explicámosche en que consiste este índice e por que varía a diario.
  • Sabes que é o crédito hipotecario? No BBVA explicámosche que é e en que se diferencia dun préstamo hipotecario
  • Independentemente do valor da taxación dunha vivenda, todo inmoble ten rexistrado un valor catastral oficial.