Renda variable de mercados desenvolvidos

Que supón investir en renda variable de mercados desenvolvidos?

A través do investimento en renda variable de mercados desenvolvidos, o investidor obtén unha rendibilidade ligada á evolución dos resultados e ás expectativas das compañías cotizadas en países cualificados coma desenvolvidos.

Cando falamos de mercados desenvolvidos, principalmente facémolo de Europa, Estados Unidos e o Xapón, nos que se pode investir de forma individual -investimento nunha desas rexións- ou conxunta -investimento coñecido como renda variable global-, que tamén inclúe algún país adicional como Australia ou Singapur.

En que consiste o investimento en renda variable global? 

O investimento en renda variable global achega diversificación: o que se traduce nun menor risco que investir noutras rexións de renda variable de maneira illada, e menor dependencia da evolución dunha economía ou rexión en particular. 

Báner superior xestoras internacionais Báner superior xestoras internacionais
Fondos doutras xestoras ao teu alcance
Consulta os fondos das mellores xestoras internacionais.

O investimento en renda variable global é unha aproximación ao investimento en renda variable Estados Unidos + renda variable Europa + renda variable Xapón nas súas axeitadas proporcións (arredor do 65 %, 25 % e 10 %, respectivamente). As devanditas proporcións veñen determinadas polo tamaño das bolsas de valores en valoración bolsista e é variable no tempo (así, por exemplo, o valor en millóns de euros da suma das empresas domiciliadas nos Estados Unidos é aproximadamente 2,5 veces o valor das europeas).

En que consiste o investimento en renda variable Europa?

Investir en Renda Variable Europa é facelo nas empresas máis grandes dos 15 países máis desenvoltos de Europa: Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, Holanda, Noruega, Portugal, España, Suecia, Suíza e o Reino Unido. De todos eles, os máis importantes son Reino Unido, Francia e Alemaña.

Esas compañías dedícanse a distintos tipos de actividade, aínda que os máis importantes son o sector financeiro e o de consumo básico (alimentación, bebidas e tabaco). Algúns exemplos desas compañías son: Nestlé, HSBC, Total, Roche, Bayer, Novartis, BP ou British American Tobacco.

É importante non confundir o investimento en renda variable Europa co investimento en renda variable Zona Euro. Na Zona Euro NON están incluídos o Reino Unido, Suíza e algúns países nórdicos, que teñen varias empresas moi importantes dentro de Europa. Isto fai que a rendibilidade dun investimento e doutro poida ser moi diferente nun momento puntual, polo que é fundamental coñecer ben en cal das dúas rexións inviste o fondo que elixamos.

En que consiste o investimento en renda variable Estados Unidos?

O mercado estadounidense é o máis importante do mundo, tanto por volume negociado coma polo tamaño das súas empresas. As empresas que cotizan na bolsa de Nova York superan en valor bolsista o tamaño do seu PIB, o cal se achega aos 20 billóns de dólares, practicamente o dobre que o da Zona Euro.

Que sexa o mercado máis importante significa tamén que é o máis analizado, razón pola que gañou a fama de ser o máis eficiente do mundo, especialmente se falamos das grandes compañías.

O mercado estadounidense tamén é recoñecido por ser o máis innovador. Vallan os exemplos de ser os primeiros en lanzar un fondo de investimento alá polos anos 20 ou contar co ETF máis lonxevo do mundo, con máis de 25 anos, que replica o principal selectivo estadounidense.

Así como en España o sector servizos é o motor da economía, no caso dos Estados Unidos é o consumo. Porén, cómpre destacar que as empresas máis grandes do mercado estadounidense, e en consecuencia do mundo, non corresponden a este sector, senón ao tecnolóxico. Os principais exemplos son Apple, Microsoft, Facebook e Google.

Algunhas outras das empresas ás que se ten acceso investindo nos Estados Unidos atópanse tamén en sectores cunha importante representación no mercado estadounidense tales coma Amazon e Johnson & Johnson, en consumo e JPMorgan e Wells Fargo en finanzas.

Báner central Quality Funds Báner central Quality Funds
Encontra fondos destacados por Quality Funds
Coñece os fondos de investimento internacionais e elixe a túa mellor opción.

En que consiste o investimento en renda variable Xapón?

Cando investimos en fondos en “compañías cotizadas xaponesas” estamos investindo, en xeral, nas empresas máis grandes do Xapón. Algúns exemplos son: Toyota, Honda, Mitsubishi UFJ Financial Group, SoftBank, Mizuho Financial Group e Nippon Telegraph and Telephone.

Como se pode ver, están dedicadas a distintos tipos de actividade, aínda que os sectores máis importantes no Xapón son o financeiro, o industrial e o de consumo discrecional (especialmente, debido á industria automobilística).

Cómpre destacar que as compañías nipoas, por seren maioritariamente exportadoras, adoitan ser favorecidas por unha depreciación do ien. En consecuencia, ás caídas do ien adóitanlle acompañar subidas da bolsa xaponesa, mentres que subidas do ien adoitan levar aparelladas perdas da bolsa xaponesa. Por este motivo, é especialmente relevante saber que existen algúns fondos que teñen a opción, dentro da súa oferta de clases, de cubrir o euro fronte ao ien para non asumir este risco de divisa.

Como xera rendibilidade o meu investimento?

As variables que determinan a rendibilidade son:

  • Os beneficios das empresas e, se fose o caso, distribúense dividendos ou recompran accións.
  • As expectativas: se os investidores cren que as empresas mellorarán os seus resultados futuros, comprarán máis accións e isto fará subir o seu prezo. En caso contrario, venderán as accións que teñan e caerá o seu prezo.

Hai que ter en conta que ambos os dous factores poden derivar en notables ganancias ou perdas. 

Como afecta ao meu investimento o feito de que sexan diferentes a moeda ou divisa da miña rexión e a das empresas nas que invisto?

Un investidor europeo que invista en renda variable global, dos Estados Unidos ou do Xapón asume un risco divisa, non sendo que realice unha cobertura. É dicir, a rendibilidade obtida dependerá non só da evolución do prezo das empresas nas que se invista, senón tamén, da evolución da divisa das compañías con respecto á divisa na que invista. Unha depreciación da primeira suporía unha menor rendibilidade e, viceversa, no caso de que se producise unha apreciación. Cómpre destacar que algúns fondos teñen a opción, dentro da súa oferta de clases, de realizar coberturas de divisas para mitigar este risco.

Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.