Quality Inversión Conservadora, o fondo máis grande de España

O fondo de investimento do BBVA supera os 10.000 millóns de euros captados
Quality Inversión Conservadora, o fondo de investimento do BBVA, converteuse no ano 2017 no máis grande de España e en marzo de 2018 xa superara a barreira dos 10.000 millóns de euros xestionados. Este fondo lanzouse no ano 2007, e foi durante 2017 cando experimentou un crecemento máis elevado no referente a entrada de achegas, con 5.238 millóns de euros en subscricións netas.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

En que inviste Quality Inversión Conservadora?

Quality Inversión Conservadora é un fondo de investimento global, enfocado a un investidor con perfil de risco medio-baixo (nivel 3 de 7). Unha solución axeitada se buscas un enfoque prudente de apreciación do capital no longo prazo.

É unha solución diversificada por clases de activo, global e dinámica, onde o investidor delega as decisións de investimento nun equipo especializado. BBVA AM modulará, dentro duns límites acordes co seu nivel de tolerancia ao risco, as exposicións máis apropiadas a cada clase de activo financeiro de acordo coas condicións que imperen no mercado. Pola súa natureza non é axeitado para investimentos cun horizonte inferior a tres anos.

Ten unha xestión activa e flexible cun rango de exposición a renda variable de entre o 0 % e o 30 % do patrimonio. O investimento en renda fixa ten investido un mínimo do 90 % en activos con calidade crediticia alta e un máximo do 10 % en activos de baixa calidade (incluído un 5 % de activos sen cualificación).

Quality Inversión Conservadora pode investir en calquera mercado e en calquera tipo de activo de renda fixa ou variable (accións, bonos, notas promisorias, índices, instrumentos derivados…) emitidos en distintas moedas.
Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Quality Inversión Moderada, o número 2

O segundo fondo de investimento con maior volume de diñeiro captado tamén o xestiona BBVA Asset Management. Trátase de Quality Inversión Moderada, que en marzo de 2018 superaba os 6.600 millóns de euros xestionados.

Crecemento doutros fondos de distribución de activos

Como Quality Inversión Conservadora, outros fondos de distribución de activos están medrando en resposta ao seu carácter global e diversificado, e á súa capacidade para atender necesidades.

Así podemos ver o caso de BBVA Mi Objetivo, unha gama adecuada cando non é o perfil de risco o que condiciona as decisións de investimento, senón a meta ou o obxectivo que marcou o investidor para o seu aforro. 

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.