Como elaborar unha boa carteira de investimento

Cada investidor deberá analizar as súas circunstancias persoais e os seus obxectivos antes de confeccionar a súa propia carteira.

Por unha carteira de investimento entendemos un conxunto de activos financeiros de diversa natureza en que inviste unha persoa física ou xurídica. A enorme diversidade de activos financeiros fai que existan case infinitas carteiras de investimento, ponderadas de maneira distinta no referente a tipo de activo, divisa, área xeográfica, etc. Nunha carteira de investimento no amplo sentido da palabra pódense incluír activos non financeiros, como propiedades inmobiliarias ou obras de arte.

É esencial que cada investidor, idoneamente da man dun profesional da planificación financeira, constrúa a súa propia carteira de investimento, axeitada ás súas necesidades, prazos e perfil de risco. Non hai unha mesma carteira de investimento axeitada para dous investidores diferentes.

Para confeccionar unha carteira de investimentos é conveniente dar resposta a unha serie de cuestións e ter certos puntos en conta que imos analizar.

Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Para que vou investir?

É imprescindible establecer un obxectivo. Doutro xeito pódese incorrer no risco de investir en activos que por liquidez ou perfil de risco non sexan aptos para as nosas verdadeiras necesidades. Non é o mesmo investir no marco da planificación da xubilación, un obxectivo que pode estenderse durante máis de tres décadas, que aforrar para cambiar de vehículo, algo no que se poderían empregar aproximadamente cinco anos. O horizonte temporal é unha variable crítica.

O perfil de risco dun investidor está estreitamente ligado ao horizonte temporal do investimento. Quen se atopa investindo a vinte anos vista pode incorrer en máis riscos que os que o fan a dous anos, pola sinxela razón de que dispón dunha maior marxe de manobra e porque a volatilidade dos activos de risco tende a diluírse en longos prazos. Non obstante, a percepción do risco é subxectiva e hai individuos máis adversos a este ca outros. Polo tanto, é necesario responder a preguntas como “cal é a miña expectativa de rendibilidade” ou “que nivel de perda máxima estou disposto a soportar”. Isto determinará se somos investidores de perfil conservador, moderado ou decidido.

Diversificación

Esta é unha das máximas do investimento se o que queremos é minimizar riscos. Se concentramos todo o investimento nun só activo estaremos suxeitos a unha soa fonte de rendibilidade. Se este activo ten un comportamento negativo, comprometeremos todo o noso capital. Diversificando entre distintos activos reducimos o risco, pois un hipotético mal comportamento dun deles quedaría amortecido pola evolución dos outros.

É conveniente diversificar en tipo de activo e, dentro de cada tipo, en diferentes opcións. Por exemplo:

  • Podemos canalizar o aforro para a xubilación a través de plans de pensións ou plans de previsión asegurados, que ademais dan acceso a interesantes vantaxes fiscais.
  • Vía fondos de investimento, podemos canalizar o aforro a máis curto prazo a través de fondos de investimento de renda fixa de baixa volatilidade e canalizar o aforro a máis longo prazo en fondos de investimento mixtos ou de renda variable, máis volátiles en curtos prazos, pero xeralmente moito máis rendibles no medio e longo prazo.
  • Por medio de seguros podemos, ademais de canalizar o aforro, cubrir a continxencia de falecemento para tranquilidade do futuro da nosa familia.

 

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Atención á fiscalidade

Por veces, ao analizar o comportamento dunha carteira de investimento acódese directamente á rendibilidade de cada un dos activos e á rendibilidade ponderada da carteira. Non é incorrecto, pero non é realmente a etapa final. Os produtos de investimento están suxeitos a tributación, polo que a rendibilidade final será o que se coñece como rendibilidade financeiro-fiscal, é dicir, a rendibilidade neta de toda obriga tributaria. Vexamos algúns casos:

  • Os plans de pensións permiten desgravar anualmente (ata un máximo de 8.000 €) as achegas realizadas. Porén, é moi importante planificar ben o seu rescate para minimizar a factura fiscal, xa que as prestacións teñen a consideración de rendementos do traballo.
  • Os fondos de investimento son xeralmente un dos protagonistas nas carteiras de investimento, xa que o traspaso entre eles non ten ningún tipo de impacto fiscal, o que queda diferido ao momento do rescate. Deste xeito é posible ir realizando unha xestión activa durante anos sen ter que render contas a Facenda.
  • As rendas vitalicias teñen interesantes coeficientes redutores, maiores canto maior é a idade do asegurado. Por exemplo, os maiores de 70 anos só tributarán polo 8 % da renda obtida.
  • O investimento directo en accións ten a mesma consideración fiscal que os fondos de investimento, coa diferenza de que non existe exención fiscal na súa xestión xa que non é posible o traspaso entre accións.
CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Báner Asset Management Báner Asset Management
Coa colaboración de BBVA Asset Management:
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.