Subvencións PAC: coñece como tramitalas

Descubre todo o que debes saber sobre as subvencións PAC
A política agrícola común (PAC) ten como obxectivo outorgar e xestionar as subvencións dirixidas aos agricultores e gandeiros da Unión Europea, que se tramitan a partir dunha solicitude única nas oficinas comarcais agrarias (OCA). Se es agricultor e estás pensando en solicitar unha subvención da PAC, interesarache saber que no BBVA dispomos de produtos financeiros especialmente pensados para ti, como o Agropréstamo Anticipo PAC que che permite anticipar o cobramento das subvencións e, así, gañar en liquidez. Descubre máis detalles acerca das subvencións PAC, quen as pode solicitar e os pasos necesarios para facelo.
Báner superior Agropréstamo Báner superior Agropréstamo
Domicilia a PAC no BBVA
E solicita o Agropréstamo Anticipo PAC para dispores do teu diñeiro antes de recibires a subvención.

Que son as subvencións PAC e cales son as súas novidades para 2019

Estas subvencións naceron durante os anos 50 co fin de contrarrestar o nefasto impacto que a Segunda Guerra Mundial exercera sobre a agricultura e, polo tanto, sobre o abastecemento de alimentos. O seu obxectivo era proporcionar certas axudas a nivel europeo para reactivar a economía e a actividade no sector agrícola, ademais de garantir unha calidade de vida razoable para os agricultores e gandeiros. A PAC foi evolucionando e adaptándose aos tempos pero, na actualidade, segue conservando os seus obxectivos orixinais.

Recentemente, a PAC sufriu unha serie de modificacións para adaptala á normativa comunitaria e aos compromisos ambientais, así como para introducir diversas melloras técnicas. Desta forma, no pasado 8 de novembro de 2018, o Consello de Ministros aprobou o Real decreto 1378/2018, que entrou en vigor no día 1 de xaneiro de 2019 para as solicitudes dese mesmo ano e que regula a concesión de axudas da PAC, modificando así o Real decreto de 2014. Os cambios máis relevantes desta actualización da política agrícola común son os seguintes:

  • Cambios relativos aos pastos, relacionados coa prevención do abandono destes, a declaración das súas superficies e a flexibilización de axudas.
  • Variacións en relación coa utilización de xurro.
  • Introdución dunha nova especie na lista de cultivos fixadores de nitróxeno.
  • Incremento no envío de datos á Dirección Xeral do Catastro e ao Instituto Nacional de Estatística (INE) co obxectivo de aproveitar a información da PAC para implantar posibles melloras no organismo e as súas subvencións.
  • Simplificación da xestión da normativa e dos trámites.
  • Apertura da convocatoria para solicitar a incorporación da agricultura ecolóxica.
  • Obriga de declarar as superficies de froitas e hortalizas e a información relacionada co xefe de explotación e o destino da produción.

Requisitos para solicitar as subvencións PAC

Os agricultores e gandeiros que desexen solicitar as axudas da PAC deben cumprir cunha serie de requisitos.

  • O primeiro deles é ser agricultor activo, titular dunha explotación agrícola ou gandeira que estea inscrita no rexistro e que dispoña da documentación correspondente dos rexistros de explotacións (REA, ROPO, etc.), e desempeñar a actividade agraria (cría, produción ou cultivo de produtos agrarios) na superficie de explotación declarada.
  • Así mesmo, os solicitantes deberán poder acreditar que polo menos o 20 % dos seus ingresos agrarios totais proceden de fontes distintas á PAC e que non se dedican a ningunha das actividades excluídas, como instalacións de abastecemento de auga ou servizos inmobiliarios.
  • Por último, esixiráselles pasar o control de actividade agraria, así como a asunción do risco empresarial da explotación.
Báner central agropréstamo Báner central agropréstamo
Consigue un anticipo da subvención domiciliando a PAC no BBVA.
Tamén podes solicitar o importe íntegro.

Como tramitar as axudas

Unha vez que os agricultores ou gandeiros comprobasen que cumpren con todos os requisitos establecidos pola PAC, poderán proceder a solicitar as subvencións. En 2019, o prazo para presentar as devanditas solicitudes comeza o día 1 de febreiro e finaliza o día 30 de abril.

O procedemento é rápido e sinxelo, xa que, aínda que se soliciten varias subvencións, abonda con presentar unha solicitude única dirixida á autoridade competente da comunidade autónoma en que se encontre a explotación ou a maior parte desta (para os gandeiros que non dispoñan de superficie, será a comunidade autónoma na que se encontre o maior número de animais). Á hora de presentar a solicitude, é fundamental cubrila correctamente e presentala dentro dos prazos establecidos, ademais de incluír as acreditacións anteriormente mencionadas. En caso contrario, o solicitante podería incorrer en penalizacións ou na perda das axudas. Como novidade, este ano incorpórase en certas comunidades autónomas un método de control da superficie de terreo declarada polos agricultores que fai uso da monitorización con satélites co obxectivo de analizar a admisibilidade das parcelas; espérase que este método axilice considerablemente o proceso, pois utilizarase como medio para decidir se o solicitante ten dereito á concesión da axuda.

Hoxe en día, solicitar axudas da PAC é máis cómodo e rápido que nunca. Abonda con reunir os documentos necesarios e presentalos dentro do prazo indicado para poder acceder a estas subvencións específicas para o mundo agrícola.

O BBVA non é responsable do contido, veracidade, exactitude, suficiencia, integridade ou actualización deste artigo, xa que foi elaborado por terceiros alleos ao BBVA. O artigo ten valor meramente informativo e orientador, en ningún caso é vinculante nin obrigatorio e non constitúe nin oferta comercial nin compromiso contractual do BBVA.

Creado por Entropy.

Fontes:

CTA Agropréstamo CTA Agropréstamo
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.