GDPR: Guía básica para adaptar o teu negocio ao novo regulamento

Evita problemas e cumpre canto antes coa regulación europea de protección de datos
A nova regulación europea de protección de datos, máis coñecida como GDPR (polas súas siglas en inglés), entrou definitivamente en vigor no pasado 25 de maio de 2018, aínda que foi aprobada dous anos antes. Entre as principais novidades desta regulamentación están novas limitacións na xestión empresarial de datos de clientes, ante o problema que xera o crecemento da información que se recolle en liña. Aínda que o cambio regulador carrexa un esforzo por parte das empresas para favorecer a súa adaptación, pode supor tamén unha ocasión para fidelizar clientes e fomentar unha relación máis transparente con eles.
Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.

A mellor ferramenta para adaptarse ao GDPR: Facilita

A Axencia Española de Protección de Datos pon a disposición dos seus clientes Facilita, unha ferramenta gratuíta que facilita o proceso de adaptación á Regulación europea de protección de datos. Utilizala é sinxelo e seguro, xa que a ferramenta borra os datos introducidos no proceso, e a Axencia Española de Protección de Datos non pode ter acceso a esa información. A través dunha serie de preguntas moi simples, Facilita determina se o negocio xa se acolle aos requisitos da nova regulamentación ou se, en cambio, debería analizar os riscos aos que está exposto.

Os principais cambios no GDPR

Co principal obxectivo de mellorar os índices de protección en materia de datos persoais dos cidadáns europeos e de constituír unha relación máis transparente entre eles e as empresas que recollen os seus datos, o GDPR introduciu múltiples novidades. Algunhas das máis importantes son:

  • Consentimento reforzado. O cliente ten que outorgar un consentimento claro ante a posibilidade do tratamento dos seus datos persoais. Polo tanto, o silencio, os recadros xa marcados ou a inacción non serán válidos para o devandito outorgamento. Cando o tratamento de datos teña varios fins, debe darse o consentimento para todos eles.
  • Consentimento facilmente revogable. O regulamento elimina toda dúbida sobre a revogabilidade do consentimento: ten que ser tan fácil revogar o consentimento como dalo.
  • Dereito á portabilidade, consiste no dereito a transferir os datos persoais do cliente a outra empresa, por petición deste, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. A portabilidade comporta o dereito a que os datos se transmitan directamente de responsable a responsable.
  • Utilización dunha linguaxe clara e comprensible das distintas cláusulas de privacidade.
  • Notificación de brechas de seguridade. En caso de violación da seguridade dos datos persoais, deberá notificarse tal violación á AEPD, non sendo que sexa improbable que a dita violación constitúa un risco real. Cando a dita violación supoña un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas, haberá que notificárllela tamén, non sendo que se tomen medidas que fagan desaparecer o risco ou supoña un esforzo desproporcionado.
Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.

A que empresas afecta o GDPR?

Todas as empresas que operan en Internet están obrigadas a respectar este regulamento, un dos máis estritos do mundo en todo o referente á xestión dos datos obtidos dos clientes. Non importa o tamaño da compañía. O GDPR é de obrigado cumprimento para autónomos, pemes ou grandes empresas implantadas en Internet.

As consecuencias de violar esta nova normativa son moi serias, xa que a contía das posibles multas aumentou notablemente e pode alcanzar nos casos máis graves 20 millóns de euros ou o 4% do volume de negocio global no anterior exercicio.

CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.