Fiscalidade do leasing, todas as vantaxes para as empresas

Fiscalidade do leasing, todas as vantaxes para as empresas

Para coñecer polo miúdo a fiscalidade do leasing, primeiro hai que definir en que consiste exactamente. En liñas xerais, o leasing é unha fórmula empregada habitualmente no mundo empresarial para conseguir financiamento e dispor de bens como vehículos, maquinaria ou equipamentos. Nesta modalidade, asínase un contrato de arrendamento con opción de compra cunha entidade financeira, que é a que o adquiriu en primeira instancia. Desde ese momento, pagaranse cotas periódicas ata que conclúa o período estipulado no contrato.

Desta forma, ao finalizar o leasing o cliente pode, ou ben comprar o ben pagando o valor residual, ou ben non exercitar a opción de compra e devolver o ben á entidade financeira, ou ben prorrogar o contrato de alugamento.

Estamos ante unha fórmula de financiamento moi empregada no ámbito da empresa, entre outras cousas porque ofrece interesantes vantaxes fiscais para os negocios.

Báner superior Leasing Báner superior Leasing
Vantaxes fiscais do leasing.
Descubre este modelo de financiamento para o teu negocio.

Algunhas vantaxes do leasing

O leasing é unha figura moi interesante por diferentes razóns operativas e financeiras, xa que permite financiar o 100 % do investimento, elimina o risco comercial e financeiro ao ser adquirido o ben polo banco e achega flexibilidade e rapidez para renovar os bens empresariais.

Canto á fiscalidade do leasing, as vantaxes tamén son evidentes. O leasing permite duplicar a amortización fiscal do ben adquirido mediante esta fórmula e mesmo triplicala no caso de empresas de reducida dimensión. Isto supón que o prazo de amortización deste ben é moito máis breve. E, ademais, o leasing permite tamén diferir, se for o caso, o pagamento do IVE que poida corresponder á adquisición do ben a través das cotas de alugueiro, xa que ao non adquirilo directamente, non temos que pagar o IVE correspondente ao importe total do ben ao inicio, senón diferilo en cotas periódicas durante o tempo que dure o contrato.

Fiscalidade do leasing, requisitos que hai que cumprir para as deducións

Para poder beneficiarse das vantaxes fiscais do leasing débense cumprir os seguintes requisitos:

  • Que os bens adquiridos estean dedicados á actividade empresarial do arrendatario.
  • Que se inclúa no contrato unha opción de compra ao final deste.
  • Que as cotas correspondentes á recuperación do custo se manteñan constantes ou crecentes durante o contrato.
  • Que o contrato teña unha duración de polo menos dez anos para bens inmobles e dous para bens mobles.
Báner central leasing Báner central leasing
Descubre as vantaxes de financiamento do leasing
E todo o que pode ofrecer ao teu negocio.

Outras fórmulas con vantaxes fiscais

Ademais do leasing, hai outras fórmulas de financiamento con posibles vantaxes fiscais. Por exemplo, o renting, que aínda que non inclúe unha opción de compra ao final do contrato, si permite deducir fiscalmente as cotas aboadas polo arrendamento dun ben. O que non permite en ningún caso é a amortización acelerada que si se pode ter co leasing.
CTA Leasing CTA Leasing
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.