Especialistas para a túa empresa

Este grupo de expertos pode ofrecer unha axuda moi importante á túa empresa
Que financiamento necesito para mellorar as instalacións? Como debo afrontar o proceso de internacionalización? Que seguro me convén máis? Estas son algunhas das cuestións que calquera empresario se formula no seu día a día. Sabémolo ben porque levamos máis de 20 anos axudando as empresas. Agora, damos un paso máis e pomos á súa disposición un equipo de expertos comprometidos a lograr que a súa empresa medre.
Báner superior Especialistas Empresa Báner superior Especialistas Empresa
Expertos para empresas
Un equipo de especialistas que che axudará nas áreas clave para a túa empresa.
O equipo de expertos en empresas está formado por 10 especialistas: un director de relación que coordina e traballa en estreita relación cos nove especialistas que axudarán na toma de decisións e nas estratexias financeiras da empresa.

9 especialistas en áreas clave:

  • Especialista en comercio exterior: axúdache en todo o relativo ao seu proceso de internacionalización. Por exemplo, escoller o medio de pagamento ou cobramento máis adecuado ou achegar solucións de financiamento internacional.
  • Especialista en servizos transaccionais: pode axudarche a tirar o máximo partido á túa banca en liña, por exemplo, en como realizar cobramentos e pagamentos de maneira diferente.
  • Especialista en banca de investimento: coñece en profundidade os mercados de bonos, saídas a bolsa… En definitiva, axudarache a estruturar a mellor alternativa de débeda e capital segundo a estratexia da túa empresa.
  • Especialista en mercados financeiros: guíate na xestión dos diferentes riscos financeiros aos que poida estar exposta a túa empresa.
Báner central Especialistas Empresas Báner central Especialistas Empresas
Traballa xunto a un grupo de expertos
E anticípate ás necesidades do teu negocio.
  • Especialista en financiamento a curto e longo prazo: aínda que son dous especialistas distintos teñen un mesmo obxectivo: identificar a mellor solución de financiamento segundo as características da túa empresa.
  • Especialista en patrimonios: profesional experto na xestión de patrimonios que o axudará cun servizo próximo e personalizado no asesoramento global dos recursos da súa empresa, desde a planificación patrimonial ao investimento financeiro.
  • Especialista en medios de pagamento: ofréceche as mellores solucións dixitais. Ademais, axúdache coa gama de tarxetas de empresa.
  • Especialista en seguros: o coñecemento deste experto en seguros de empresa axúdache a protexer o patrimonio da túa compañía, as responsabilidades inherentes e os teus empregados.
  • Especialista en expansión internacional: ofréceche un director de relación para as xestións diarias en calquera dos países onde operamos con bancas de empresas.

Se tes unha empresa cunha facturación de máis de 5 MM tes á túa disposición o teu propio equipo de expertos. Infórmate en Expertos en empresas e aproveita outra das vantaxes que BBVA pon á túa disposición para facerche a vida máis fácil.

CTA Empresas Especialista CTA Empresas Especialista
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.