Que é a verificación da suficiencia?

Contámosche en que consiste este documento vital para facer trámites

A verificación da suficiencia de poderes é o documento no que se acredita a comprobación por parte dunha entidade de que as facultades ou poderes dunha ou de varias persoas físicas son suficientes para actuar en nome e representación dunha determinada persoa xurídica na realización de determinadas actuacións ante outra entidade, a Administración pública e/ou os seus organismos.

Calquera entidade de crédito, por exemplo antes de proceder á apertura dunha conta a nome dunha sociedade e permitirlle operar ou para facer outras actuacións por conta e en nome doutra entidade, solicitará os correspondentes poderes, os cales deberán ser outorgados ante notario e inscritos no Rexistro Mercantil. Estes poderes aparecerán na escritura de constitución, así como en calquera outra escritura de apoderamento adicional que fose outorgada pola empresa.

Báner superior Conta Negocios Báner superior Conta Negocios
Conta negocios
A conta para o teu negocio sen comisión de mantemento.

O proceso de estudo das escrituras de apoderamento realizado polas entidades de crédito denomínase verificar a suficiencia e permite determinar a extensión, o alcance e as limitacións concedidas pola sociedade aos seus apoderados. Este estudo acaba coa denominada verificación da suficiencia, polo que se fai constar que os poderes presentados pola entidade son suficientes para representala.

Basicamente, a información que contén a verificación da suficiencia responde ás preguntas: Quen pode actuar en representación da empresa? Que tipo de actuacións pode efectuar ou solicitar? E, como debe actuar, se pode actuar só coa súa sinatura ou coa súa sinatura as doutros representantes da empresa?

Polo tanto, a verificación da suficiencia permite identificar quen e en que condicións (límites de disposición, número de sinaturas necesarias para operar, etcétera) pode actuar en nome da sociedade. Por exemplo, unha empresa pode determinar que para asinar un cheque, contratar un préstamo ou pechar unha conta sexan necesarias as sinaturas de dous dos seus apoderados, mentres que para ingresar en conta só sexa necesaria a sinatura dun deles. 

Documentación requirida para facer a verificación da suficiencia

Con carácter xeral, a documentación que se precisa é a seguinte:

  • Escritura na que se formalizase o poder a favor do/a apoderado/a ou, se for o caso, escritura de nomeamento de administrador da mercantil.
  • DNI do apoderado.
  • Escritura de constitución da mercantil.
  • A escritura debe estar inscrita no Rexistro Mercantil (salvo que se trate dun poder especial para un expediente específico).
Báner central Conta Negocios Báner central Conta Negocios
BBVA para autónomos e pemes
Unha conta dirixida tanto a autónomos como a pemes que necesiten unha conta para a súa actividade profesional.

Para que serve a verificación?

A verificación da suficiencia permite á entidade ter a seguridade de que é identificada correctamente ante a entidade de crédito, a Administración pública e/ou os seus organismos, de modo que un terceiro non lexitimado non poida actuar no seu nome e, por outro lado, permite xustificar adecuadamente as operacións que realiza con outra entidade. Loxicamente, para que todo funcione de forma correcta, a entidade deberá actualizar periodicamente a información dos seus apoderados e comunicar calquera cambio que se produza a respecto diso.
CTA Conta Negocios CTA Conta Negocios
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.