Como conseguir axudas para mozos agricultores

Descubre as claves para conseguir o apoio financeiro que necesitas
A agricultura constitúe unha actividade fundamental para o desenvolvemento de calquera sociedade, xa que é unha fonte de recursos esenciais para a vida das persoas. Non obstante, o sector agrícola require unha dedicación plena e un investimento que non sempre é fácil de asumir. Por esta razón, o BBVA creou un novo espazo para dar resposta ás necesidades financeiras dos agricultores. Se estás valorando solicitar algunha das axudas para mozos agricultores da PAC, ao domiciliala connosco poderaste beneficiar, ademais, de todas as vantaxes do Agropréstamo Anticipo PAC. Neste artigo explicámosche as distintas subvencións que tes á túa disposición e como as podes conseguir para levares a cabo o teu proxecto agrícola.
Báner superior Agropréstamo Báner superior Agropréstamo
Domicilia a PAC no BBVA
E solicita o Agropréstamo Anticipo PAC para dispores do teu diñeiro antes de recibires a subvención.

A PAC e os programas de desenvolvemento rural

A política agrícola común, máis coñecida como PAC, regula as subvencións que se ofrecen a agricultores e gandeiros en todo o territorio da Unión Europea. No caso de España, existen axudas directamente vinculadas á PAC e outras relativas ao Programa Nacional de Desenvolvemento Rural (PNDR) e aos programas de desenvolvemento rural (PDR) das distintas comunidades autónomas que contan co financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

No entanto, sexa cal for a axuda que se queira solicitar, o agricultor ten que garantir que nas súas instalacións se respecta a normativa europea sobre saúde humana e animal, benestar dos animais, fitosanidade e medio ambiente, como requisitos mínimos.

Pagamentos directos

Dentro do primeiro grupo, encóntranse os denominados pagamentos directos. Os agricultores poden recibir da PAC este tipo de axuda, unha subvención xeral á actividade agrícola que, en determinadas circunstancias, se pode complementar con outras subvencións. O pagamento básico calcúlase a partir das hectáreas da explotación e pódese complementar con outros específicos, como o destinado a mozos agricultores.

Para recibir a subvención básica, o solicitante ten que ser un agricultor activo cuxa explotación estea situada na UE. A concesión desta axuda está suxeita á presenza dun terreo agrícola empregado para unha actividade agraria, é dicir, que se debe demostrar que o terreo se utiliza, ou polo menos é apto, para a cría de animais ou o cultivo. Así mesmo, para acceder ao réxime complementario para mozos agricultores, o solicitante ten que ter entre 18 e 40 anos, presentar un plan empresarial e exercer esta actividade durante polo menos 5 anos.

Báner central agropréstamo Báner central agropréstamo
Consigue un anticipo da subvención domiciliando a PAC no BBVA.
Tamén podes solicitar o importe íntegro.

Subvencións á primeira instalación de mozos agricultores

Os PDR inclúen subvencións destinadas á primeira instalación que realicen mozos agricultores. Neste caso, son as comunidades autónomas as entidades encargadas de publicar as convocatorias para as subvencións. As condicións poden variar de ano en ano e en función da comunidade autónoma, aínda que, por regra xeral, poden ser beneficiarios destas axudas os agricultores de entre 18 e 40 anos que non fosen titulares dunha explotación agraria anteriormente. Ademais, teñen que dispor da capacitación necesaria para xestionar a súa propia explotación e presentar un plan empresarial para ela.

O pagamento destas subvencións realízase nun mínimo de dous prazos: un inicial que se aboa así que a axuda foi concedida e outro suxeito ao cumprimento do plan presentado na solicitude.

Subvencións á modernización da explotación

Os mozos agricultores tamén poden optar a axudas se parte do seu proxecto agrícola ten por obxectivo mellorar ou modernizar a súa explotación agraria dentro do marco dos PDR. Co fin de facilitar esta modernización, que contribúe á sustentabilidade e ao rendemento da actividade agrícola, as comunidades autónomas destinan parte do orzamento dos seus PDR a subvencionar este tipo de proxectos.

Unha vez máis, as condicións e requisitos concretos destas axudas poden variar dunha comunidade a outra, pero os mozos agricultores son precisamente un dos grupos destinatarios. Como é lóxico, terán que cumprir cos requisitos xerais das anteriores axudas e presentar, ademais, un plan de mellora específico para a súa explotación que inclúa a superficie de explotación, a maquinaria e os equipos, entre outros aspectos.

Como solicitar estas axudas para mozos agricultores

O procedemento para solicitar calquera destas axudas é bastante sinxelo, xa que se creou un sistema de solicitude única para todas elas. A presentación pode realizarse de forma telemática ante a autoridade competente en cada comunidade autónoma. Tendo en conta que a solicitude está vinculada á comunidade autónoma correspondente, os prazos poden diferir en función de onde se ache a explotación. Polo tanto, é fundamental consultar os prazos aplicables a cada explotación e cubrir a solicitude correctamente, presentando toda a documentación necesaria.

En definitiva, existen distintas subvencións destinadas a fomentar a incorporación de novas xeracións ao mundo da agricultura. Se cumpres cos requisitos, estas axudas para mozos agricultores poden ser unha oportunidade clave para emprenderes o teu proxecto e xestionares a túa propia explotación agrícola con éxito. Consulta os prazos aplicables na túa rexión para presentar a túa solicitude e iniciar a túa traxectoria no sector.

O BBVA non é responsable do contido, veracidade, exactitude, suficiencia, integridade ou actualización deste artigo, xa que foi elaborado por terceiros alleos ao BBVA. O artigo ten valor meramente informativo e orientador, en ningún caso é vinculante nin obrigatorio e non constitúe nin oferta comercial nin compromiso contractual do BBVA.

Creado por Entropy.

Fontes:

CTA Agropréstamo CTA Agropréstamo
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.