Axudas PAC, todas as claves

Descubre todo o que debes saber sobre as subvencións PAC

En España, o sector primario, que inclúe todas as actividades relacionadas coa agricultura e a gandaría, supón un 10 % do produto interior bruto. Pola súa importancia para a economía e a súa vulnerabilidade ante as mudanzas climatolóxicas, non é de estrañar que sexa un dos sectores que máis axudas e subvencións recibe.

No BBVA ofrecemos unha gran variedade de produtos para agricultores, como os nosos préstamos SAECA (Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria), o noso seguro agrario ou a posibilidade de domiciliar a túa PAC (política agrícola común), o que che permitirá acceder á subvención por adiantado para facer fronte a imprevistos do teu negocio agrario. E se aínda non es beneficiario dunha axuda PAC? Neste artigo contámosche todo o que necesitas saber sobre como obter axudas PAC e que tipos de subvencións existen.

Báner superior Agropréstamo Báner superior Agropréstamo
Domicilia a PAC no BBVA
E solicita o Agropréstamo Anticipo PAC para dispores do teu diñeiro antes de recibires a subvención.

Orixe e obxectivos da PAC

Xa que o sector agrícola é un dos máis vulnerables a variacións nos prezos debido á súa susceptibilidade fronte ás mudanzas climatolóxicas e no nivel de oferta e demanda, os agricultores poden sufrir condicións precarias cando a colleita non é suficientemente produtiva, aínda que o prezo do produto nese caso aumente. Pola contra, cando a colleita é abundante, os prezos tenden a diminuír.

Como consecuencia da inestabilidade inherente ao sector, este sempre contou con intervención estatal; tradicionalmente, os gobernos dos distintos países europeos eran os responsables de manter os prezos dos produtos agrícolas mediante programas de axudas e subvencións. Porén, coa entrada en vigor do Tratado de Roma en 1958 —mediante o cal foi creado o mercado común europeo entre Alemaña, Francia, Italia e os países do Benelux— buscouse a creación dun sistema común de axudas e subvencións á agricultura, incluíndo a política agrícola común (PAC).

Os obxectivos principais da PAC inclúen mellorar a produtividade do sector agrícola europeo, alcanzar o autoabastecemento da Unión Europea, manter uns prezos accesibles dos produtos agrícolas e ofrecer unha calidade de vida digna aos agricultores europeos. Para atinxir estes obxectivos, a PAC ofrece tres tipos de axudas económicas: os pagamentos directos, que constitúen as axudas directas aos agricultores, as medidas de mercado dirixidas e os programas de desenvolvemento rural.

Os pagamentos directos

Os pagamentos directos consisten en axudas básicas á renda dos agricultores en forma de pagamento en función do seu número de hectáreas cultivadas, aínda que tamén se adoitan complementar con outros pagamentos en función dunha serie de factores como o tipo de cultivo, as prácticas agrícolas utilizadas, as condicións da actividade ou a idade do agricultor. Deste modo, ademais dunha cantidade determinada por hectárea (que de media se sitúa en 226 € por hectárea subvencionable), os agricultores poden recibir, cando sexa aplicable, o pagamento verde (por prácticas agrícolas beneficiosas para o medio ambiente), unha subvención para mozos agricultores ou unha axuda complementaria por cultivar nunha zona en condicións difíciles de explotación, entre outras.

Como se mencionou anteriormente, os pagamentos directos son unha das formas que toman as axudas da PAC e, concretamente, supoñen a vía máis común de axudas aos agricultores, alcanzando ata un 72 % do orzamento agrícola da Unión Europea. Estas subvencións, aínda que procedan do orzamento común da Unión Europea, son dadas aos gobernos de cada país para que xestionen o programa de forma individual, co obxectivo de atender as necesidades concretas da súa rexión.

Báner central agropréstamo Báner central agropréstamo
Consigue un anticipo da subvención domiciliando a PAC no BBVA.
Tamén podes solicitar o importe íntegro.

Beneficiarios e condicións para acceder ás axudas

Para poder solicitar axudas PAC en forma de pagamentos directos, o solicitante ten que demostrar ser un agricultor con terreos en explotación dentro do territorio da Unión Europea e que estes son aptos para o desenvolvemento da actividade agrícola, é dicir, que conteñen terras cultivables ou cultivos e pasteiros permanentes. Por outro lado, cómpre mencionar que é preciso dispor dun mínimo de superficie, ou un mínimo equivalente de axuda, cuxos límites son establecidos por cada autoridade nacional. Normalmente, este mínimo oscila entre 0,3 e 5 hectáreas.

Por último, tamén é necesario que os agricultores que reciban axuda respecten unha serie de normas. En caso contrario, a contía das axudas pode ficar reducida. Por un lado, débese cumprir cos Requisitos legais de xestión (RLX) que inclúen normas sobre saúde ambiental, animal e vexetal ou sobre saúde pública. Por outro lado, hai que cumprir tamén coas Boas condicións agrarias e ambientais (BCAM), que inclúen boas prácticas para o mantemento do solo de cultivos, a protección da erosión do terreo ou a protección dos hábitats.

En definitiva, á hora de pedir axudas PAC, é moi importante ter en conta os requisitos necesarios para poder ser beneficiario delas. Ademais, é importante lembrar que, aínda que se conte coa axuda durante un ano, hai que renovar a solicitude para asegurar ser destinatario dela no ano seguinte. Por último, hai que velar polo cumprimento de conxunto das condicións e as normas establecidas pola Unión Europea e apostar polas boas prácticas para que a súa contía non se vexa minguada e poida ser renovada anualmente.

O BBVA non é responsable do contido, veracidade, exactitude, suficiencia, integridade ou actualización deste artigo, xa que foi elaborado por terceiros alleos ao BBVA. O artigo ten valor meramente informativo e orientador, en ningún caso é vinculante nin obrigatorio e non constitúe nin oferta comercial nin compromiso contractual do BBVA.

Creado por Entropy

Fontes:

CTA Agropréstamo CTA Agropréstamo
Empresas - Tamén che podería interesar Empresas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Contámosche cales son os distintos criterios para clasificar unha empresa en función do seu tamaño.
  • Explicámosche como axudan a establecer os impostos que debe pagar cada traballador en función dos seus ingresos
  • Contámosche todos os detalles que precisas saber sobre esta asociación estratéxica temporal.