A mellor conta nómina: que características debe ter

Aforra as comisións e aproveita ao máximo a túa conta cunha nómina: coñece que é o que marca a diferenza

O proceso de “domiciliación” dunha nómina consiste no traspaso automático do teu soldo a unha conta bancaria ou conta nómina. O trámite é en si sinxelo, pois só require que indiques ao teu empregador onde debe traspasar o diñeiro regularmente. Agora ben, o destino da devandita orde permanente non debe elixirse a lixeira, senón que merece a pena darlle voltas para escoller a mellor conta nómina do mercado.

Explicámosche canto partido lle podes sacar á túa nómina coa conta adecuada e, sobre todo, por que merece a pena optar por unha institución de calidade. Porque ademais de para xestionar os ingresos dun traballo remunerado, unha conta nómina pode ser tamén unha ferramenta para acceder a excelentes produtos bancarios.

Báner superior Contas sen comisións Báner superior Contas sen comisións

Coñece a Conta En liña sen Comisións

Unha conta nómina, que debe ofrecer?

Sen dúbida, o máis importante dunha conta nómina é que non che esixa comisións nin de administración nin de mantemento. Unha conta nómina, ademais, ten que che servir para aforrar calquera gasto de emisión de cheques ou de transferencias e, o que é máis importante de todo, para obter de maneira gratuíta unha tarxeta de crédito ou de débito.

Unha conta nómina de calidade, ademais, ten que pór ao teu servizo as últimas ferramentas para o control en liña das túas contas. Non te conformes cun aburrido portal web, intenta encontrar unha aplicación líder que sirva para algo máis que verificar as contas. As aplicacións de última xeración, por exemplo, permítenche pagar co móbil ou dispor de efectivo sen levares a tarxeta contigo.

No entanto, como a tecnoloxía non o é todo, non te deixes guiar só por ela para escolleres a túa conta nómina. É certo que cada vez fai menos falta ir ao banco facer papelorio de maneira presencial, pero… e se necesitas un caixeiro? E que pasará o día que teñas que asinar unha hipoteca? Confiar, polo tanto, o depósito dunha nómina a unha institución asentada e de fácil acceso debe ser reflexionado a priori, sobre todo se o que andas buscando é a mellor conta nómina para ti. A longo prazo terás que ir algún día ao banco, e será mellor facelo de maneira rápida e sinxela.

Neste sentido, polo tanto, un último aspecto que tamén tes que considerar é a túa situación persoal. A nómina será a chave que che abrirá a porta a futuros financiamentos ou a unha hipoteca. Polo tanto, se estás pensando en comprar un piso ou en pedir un crédito para un coche, considera antes de escolleres un ou outro banco se, a longo prazo, este che facilitará tales produtos.

Os produtos bancarios que acompañan unha conta nómina, neste sentido, teñen que encaixar contigo na busca da mellor conta; só así poderás ter a certeza de comezar a traballar coa mellor das opcións dispoñibles.

A proposta do BBVA para a túa nómina

O BBVA non esixe aos seus clientes unha nómina para abrir unha conta na institución. Agora ben, o certo é que se cobras un soldo ou tes ingresos regulares e optas polo BBVA para a súa xestión, obterás excelentes condicións e vantaxes por iso.

O máis importante como cliente do BBVA é que non terás que pagar gastos pola túa conta. No BBVA pensamos niso, e por iso queremos que ningún cliente con ingresos regulares teña que pagar nada pola súa conta, nin tan sequera para a emisión de cheques, remesas ou transferencias, e moito menos pola a obtención dunha tarxeta de crédito ou de débito.

A condicións para gozar dunha conta sen comisións é a de ter un mínimo de ingresos. Que conta pode ser entón a ideal para ingresar a miña nómina? Se estás pensando en BBVA para ingresar o teu soldo, quizais che interese coñecer as particularidades da Conta "Va Contigo" ou a Conta "Joven" (para menores de 29 anos).

Cumprindo as condicións desta conta non pagarás nada, poderás realizar as operacións máis frecuentes e, ademais, poderás beneficiarte de todas as vantaxes dunha institución como BBVA: atractivos programas de financiamento, liñas de crédito, hipotecas, tarxetas de crédito, unha rede de 6.000 caixeiros BBVA, etc. E todo iso desde calquera dispositivo (ordenador, tableta ou móbil), xa que desde a app do BBVA poderás xestionar todas as túas operacións sen necesidade de saíres de casa.

Báner central Non comisións Báner central Non comisións

0 € en comisións pola túa conta e tarxeta.

Coñece a Conta En liña sen Comisións
Neste sentido, polo tanto, o BBVA cumpre cos que podemos considerar os requisitos máis importantes para facer dunha conta a mellor conta nómina. Se desexas máis información sobre este produto, no apartado “Contas e tarxetas” de bbva.es encontrarás todos os detalles ao respecto. Non deixes de dar unha ollada para conseguires unha conta líder no mercado!
CTA Faite cliente CTA Faite cliente
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas