Que variables analiza BBVA Bconomy ao calcular a túa saúde financeira?

Aprende como BBVA Bconomy pode calcular o teu nivel de saúde financeira
O feito de dispor dun colchón financeiro ante imprevistos ou de cumprir os teus obxectivos de aforro pódeche ser de axuda para vivires cunha maior tranquilidade. BBVA Bconomy é a nova ferramenta desenvolvida polo BBVA que ofrece aos seus clientes a posibilidade de teren un control sobre os seus gastos e ingresos para poderen mellorar a súa capacidade de aforro. Para iso, o obxectivo principal de BBVA Bconomy é calcular a túa saúde financeira ou, mellor dito, proporcionarche a información necesaria para que poidas descubrir onde poderías estar gastando máis do normal e en que aspectos poderías mellorar.
Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.
As catro variables que son tidas en conta no cálculo do teu resultado son: a túa capacidade de aforro mensual, a túa liberdade financeira, a túa taxa de esforzo en pagar a vivenda e a túa taxa de esforzo en pagar os teus financiamentos e préstamos. Estas catro variables teñen en conta os teus ingresos, os teus aforros e os teus gastos segundo a información das túas posicións no BBVA.

Para que coñezas mellor o funcionamento deste cálculo, neste artigo explicámosche que significa cada variable e como se utiliza. Sírvete de BBVA Bconomy para calcular o teu nivel de saúde financeira!

1. Capacidade de aforro mensual

O que aforras cada mes ten un grande impacto na túa saúde financeira, por pouco que sexa. Eses pequenos esforzos de aforro son os que poden permitir que paulatinamente vaias construíndo un colchón financeiro para facer fronte a imprevistos. Por iso, BBVA Bconomy calcula a túa capacidade de aforro como unha das súas variables principais.

A capacidade de aforro mensual dunha persoa calcúlase restando os gastos mensuais aos ingresos mensuais. Co obxectivo de fixar uns estándares que constitúan unha situación que se considere adecuada para a saúde financeira, considérase que un aforro de polo menos o 20% dos ingresos mensuais por persoa é a medida óptima desta variable. Esta porcentaxe forma parte da coñecida como regra 50/20/30, que popularizou a senadora estadounidense Elizabeth Warren, no libro de 2005 “All your worth”.

Por exemplo, se unha persoa ten 1.200 € de ingresos ao mes e 900 € de gastos, a súa capacidade de aforro mensual será do 25 %. Unha situación que se consideraría suficiente para crear un colchón segundo os parámetros de referencia.

2. Liberdade financeira

A liberdade financeira é a segunda das variables que se inclúe no cálculo da túa puntuación en BBVA Bconomy. Dunha maneira sinxela, a liberdade financeira é unha medida que pode permitir saber cantos meses poderías vivir sen ingresos mantendo o mesmo nivel de gastos.

Para calcular a liberdade financeira son tidos en conta o saldo total da conta no momento do cálculo e outros aforros que se poidan ter en produtos de investimento, como fondos, depósitos, contas de valores, etc.

Ter unha boa liberdade financeira pode permitir unha maior tranquilidade fronte a imprevistos. Para poder facer fronte aos teus gastos no caso de que deixases de ter ingresos, a maioría dos planificadores financeiros, como Dave Ramsey (no libro “The Finantial Peace Planner”) ou Suze Orman (en “The Road to Wealth”, entre outras obras) considera que a liberdade financeira óptima sería de polo menos seis meses.

3. Taxa de esforzo en pagar a vivenda

A terceira das variables que se utiliza en BBVA Bconomy é a taxa de esforzo para pagar a vivenda, sexa hipoteca ou alugamento. Para ter unha boa saúde financeira, unha persoa non debería destinar máis do 40% dos seus ingresos ao pagamento da hipoteca ou alugamento, segundo Fannie Mae, como é coñecida popularmente a Asociación Federal Nacional Hipotecaria nos Estados Unidos.

Continuando co exemplo dos 1.200 € mensuais, se esta mesma persoa ten un alugamento de 540 € ao mes significa que estará destinando o 45 % dos seus ingresos a pagar a vivenda. Polo tanto, esta sería unha porcentaxe que se estima por riba do límite recomendado.

4. Taxa de esforzo en pagar financiamentos e préstamos

O último dos parámetros que se utiliza para calcular a túa saúde financeira consiste na taxa de esforzo que fas para pagar débedas mensuais diferentes ás indicadas na variable anterior. Estas débedas poden incluír obrigas tan diferentes como créditos, préstamos, recibos ou compras financiadas de tarxetas ou outros conceptos. Para ter unha boa saúde financeira, recoméndase non destinar máis do 35% dos ingresos a pagar débedas. Ratio recomendada, no libro “Practicing Financial Planning: For Professionals and CFP Aspirants”, escrito por dous profesores de economía da Universidade de Michigan.

Para finalizar a relación co noso exemplo dos 1.200 €, se esta persoa está devolvendo un préstamo para estudos polo que paga 240 € ao mes, a súa taxa de esforzo en pagar a débeda será do 20%. Neste caso, polo tanto, estaría por debaixo do máximo recomendado.

Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Como as variables se converten nun resultado

Unha vez que BBVA Bconomy dispón de todos os datos que che explicamos, a ferramenta converte os resultados obtidos nun número entre o 0 e o 25, sendo 25 a puntuación máxima por variable. Cando nunha variable concreta das catro se cumpren os estándares porcentuais recomendados, e mesmo se melloran, esa variable obtén unha puntuación de 25. Así que se estiman as cualificacións de todas as variables, estas súmanse dando como resultado unha puntuación de 0 a 100.

BBVA Bconomy: aprende a aforrar e a controlar os teus gastos

Dispor de toda esta información pode supor unha grande axuda para poder comezar a aforrar máis. BBVA Bconomy pódeche proporcionar recomendacións para que poidas mellorar a túa saúde financeira.

Agora que xa sabes como BBVA Bconomy calcula o teu nivel de saúde financeira. Animámoste a observares o teu nivel de aforro e a aprenderes a controlar os seus gastos. BBVA Bconomy proporciónache as ferramentas necesarias para te poder axudar a cumprir coas túas metas e obxectivos de aforro.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas