Claves para aforrar moito máis cada mes e alcanzar a liberdade financeira

Luis Pita cóntache como xestionar ben o diñeiro para maximizar o aforro

O meu nome é Luis Pita, teño 39 anos e a miña liberdade financeira é de 14 anos. É dicir, se hoxe deixase o meu emprego podería vivir sen traballar ata 2032.

Conseguín ter tanta liberdade financeira sen fundar Facebook nin recibir unha grande herdanza, simplemente xestionando ben o meu diñeiro e aplicando unha serie de claves que che vou ensinar aquí.

Son autor do libro “Ten peor coche que tu vecino” (un dos libros de finanzas persoais máis vendidos en España e América Latina) e do blog Preahorro.com (con máis de 1 millón de lectores en todo o mundo).

A miña paixón na vida é axudar outras persoas a teren tanta liberdade financeira coma min.

As claves que vas aprender aquí axudaranche a:

  • Aforrar o 20% do teu salario todos os meses sen esforzo
  • Ter moita máis liberdade financeira e conseguir os teus obxectivos vitais

Todo o que che permitirá aforrar máis

Ter moita liberdade financeira permitirache:

1. Vivir toda a vida sen preocupacións polo diñeiro e sen estrés

2. Traballar no que te apaixona

3. Lanzarte a cumprir os teus soños cun bo colchón financeiro

4. Coller un ano sabático cando o necesites

5. Asegurar unha xubilación dourada

6. Vivir no lugar que che apeteza e na casa dos teus soños.

7. Ter máis éxito profesional e aproveitar as oportunidades laborais sen medo ao fracaso

8. Vivir sen hipotecas nin débedas

9. Axudar a túa familia e os teus amigos cando o necesiten, asegurar o futuro dos teus fillos

10. Ser máis feliz

Jaime, antigo compañeiro de carreira, traballa como director de operacións dunha das cadeas de supermercados máis grande de España. Ten un soldo alto, conduce un Audi Q7 e ten unha casa nunha urbanización de luxo. Poderías pensar que a súa situación financeira é inmellorable.

A realidade é moi diferente. Ten uns gastos enormes (hipoteca altísima, colexios privados para os tres fillos, clubs, ceas con amigos…), que lle comen o salario todos os meses. Se quedase sen traballo ou a empresa para a que traballa tivese un problema, o castelo de naipes da súa vida derrubaríase en poucas semanas. A súa liberdade financeira non chega a tres meses. Por iso Jaime vive cun nivel de estrés brutal. Non fixo os 43 anos e xa leva dous ataques ao corazón.

Cada persoa necesita un nivel de tranquilidade diferente. Ti decides canta liberdade financeira queres ter. A miña recomendación é que constrúas como mínimo un colchón financeiro de 6 meses. E o ideal é que sexa superior a 5 anos.

7 claves para aforrar moito máis e ter liberdade financeira

Agora que xa sabes o importante que é ter moita liberdade financeira, vouche ensinar 7 claves para aforrar moito máis cada mes e alcanzar o nivel de liberdade financeira que ti escollas. Cada unha destas claves:

  • Está probada. Só en 2017 máis de 16.000 persoas puxéronas en práctica e alcanzaron un aforro mensual medio por riba do 20% do seu salario.
  • É fácil de pór en práctica. Hai miles de trucos para aforrar diñeiro, pero a maioría deles só che permiten aforrar uns euros ao mes ou son complicados de pór en práctica ou requiren un esforzo de vontade titánico. Aquí vas aprender os trucos que che permiten aforrar de verdade, sen depender da túa forza de vontade.
  • É diferente do que fai a maioría da xente e do que te empurra a facer a sociedade actual.

Clave 1: Aforrar non funciona, o segredo é preaforrar

Proximamente dispoñible en Bconomy.
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas