Tips de aforro para facer a túa vida máis sinxela

Aforrar para levar unha vida máis tranquila.

Aforrar é un hábito moi importante xa que, ademais de protexerte ante futuros imprevistos, dáche a posibilidade de comprar unha casa, realizar unha viaxe ou cumprir calquera outro soño por pequeno que sexa. Por iso, e se ten tantos puntos ao seu favor: por que custa tanto levalo a cabo? O primeiro escollo chega ao comezar e ver a contía dos teus gastos diarios, os caprichos ou as facturas, momento no que te decatas de que, ao final, todo son pagamentos. Isto converte en primordial teres un obxectivo motivante para que ese diñeiro que vas gardando aos poucos se poida ver como a chave a un futuro premio

Pero estes non son os únicos puntos a favor para te converteres nun aforrador. Tamén che permite desenvolver prácticas que sempre veñen ben á hora de organizar os teus orzamentos e priorizar o teu consumo, o que se traduce nun apoio para saír adiante ante emerxencias que che poidan ocorrer ou, tamén, nunha axuda no obxectivo de obter unha mellor calidade de vida no futuro.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Tips de aforro

No BBVA sabemos que os primeiros pasos nunca son fáciles. Por iso, querémosche ofrecer uns tips de aforro cos que, desde hoxe mesmo, poderás facer a túa vida máis sinxela.

Aínda que pareza o contrario, a maioría da xente non sabe en que gasta o diñeiro e sorpréndese cando mira o extracto da conta ao final do mes. Unha cuestión que ten fácil solución: a app do BBVA. Esta móstrache os seus datos de forma detallada e tela dispoñible tanto para iOS como para Android. Axúdanche a ver en que gastas o diñeiro e, sobre todo, a identificar que gastos son innecesarios e como os debes eliminar. 

Estes pagamentos innecesarios son outro dos puntos quentes, xa que supoñen un importante gasto na túa conta corrente todos os meses. Son eses caprichos, tanto grandes como pequenos, que te concedes sen pensalo demasiado. Para evitalos, e aínda que moitas veces resulte complicado, é mellor deixar pasar unhas horas antes de adquirilo e que o tempo che diga se realmente son necesarios ou non. Se pasado ese tempo de reflexión non chegaches a ningunha conclusión, talvez é porque non o necesitabas. 

É bo revisar tamén os gastos necesarios. En Internet hai varios comparadores que che poden axudar nesta tarefa. Simplemente tes que buscar neles o produto que queiras adquirir e escoller o que teña unha mellor relación calidade-prezo. Pero ten coidado cando navegas pola rede xa que, ao tempo que che dá ferramentas para rebaixar os teus custos, ofréceche grandes e tentadores descontos que te poden levar polo camiño contrario. Neste caso, e como che contamos previamente, o mellor é que só compres o que realmente necesites. 

Por último, é importante que conserves os ingresos extra. Gardalos permíteche enfrontarte aos imprevistos que che poidan xurdir e manter, ao mesmo tempo, o ritmo de aforro que tes. E se non tes ningún gasto adicional, podes seguir facendo que a túa bolsa de aforro creza con máis rapidez.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Apps que che farán máis fácil aforrar

Ademais destes tips de aforro que che mostramos, existen moitas aplicacións que che poden axudar a levar un maior control dos teus gastos. E o mellor de todo é que as tes ao alcance da man e podes consultalas no momento que queiras. Desde o BBVA ofrecémosche Bconomy, que che permite analizar todos os teus gastos e, con iso, ver cales son os que tes que reducir. Tamén che ofrece a oportunidade de comparar os teus gastos con xente das túas características, crear un colchón financeiro ou marcar unha meta de aforro. En definitiva, estamos ante unha funcionalidade moi útil se estás decidido a aforrar. 

Dispós tamén de Programa a túa conta, un servizo composto de sinxelas regras que axudan a xestionar de maneira automática as contas. Permite desde establecer un saldo mínimo ou máximo ata redondear os pagamentos ou establecer unhas pautas de aforro a través de orzamentos, nóminas ou a final de mes. Todo sen custo e sempre que o necesites (unicamente debes ser titular de, polo menos, dúas contas BBVA).

 

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta