Apps para aprender a aforrar e xestionar o teu diñeiro

Cinco ferramentas que che axudarán.

Por definición, o aforro é o diñeiro gardado para un uso futuro. Un obxectivo necesario, xa que nos resultaría moi complicado aforrar polo simple feito de facelo. Polo tanto, tentar reunir este diñeiro extra poderíase ver como unha forma de alcanzar os nosos soños. Pero, claro, que inalcanzable parece ás veces ese peto!

Porén, e grazas á aparición de Internet e dos móbiles, a tendencia está mudando. Ter un pequeno colchón, hoxe en día, é unha meta algo máis accesible. Falamos das novas apps que axudan, por exemplo, a ter un maior control sobre o noso diñeiro, o que é un bo primeiro paso ao respecto. No BBVA contamos coa mellor app para aprender a aforrar, a cal dispón de múltiples funcionalidades enfocadas a este fin.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

O meu día a día. axúdache a teres o diñeiro sempre baixo control, xa que podes ver os teus gastos e ingresos ordenados por categorías. Unha característica que che axuda a te planificares e a tomares decisións adecuadas á hora de aforrar. Ademais, é moi fácil de utilizar e moi intuitiva.

Movementos previstos: encóntrase dentro de Bconomy e móstrache unha estimación dos teus ingresos e gastos a dous meses vista. Desta forma, pódeste anticipar na toma de decisións, escollendo as adecuadas para mellorar a economía.

Bconomy: esta funcionalidade, á que se accede tanto desde a app como desde bbva.es, permíteche coñecer a túa saúde financeira medindo a evolución dos teus gastos e ingresos, o nivel de aforro de que dispós, a porcentaxe que dedicas á túa vivenda e se estás endebedado ou non (e, en caso de estárelo, a que nivel). Así que reúne todos estes datos, realiza un diagnóstico e proporciónache plans á medida para que poidas mellorar a túa saúde financeira. Pero non queda aí. Grazas ao big data, ofréceche unha comparativa con persoas da túa zona e con características parecidas ás túas, para que poidas ter unha referencia e ver se os teus gastos fixos están por riba ou por debaixo da media. Tamén permite ver se é posible que esteas pagando máis que o resto ao teu provedor.
Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

As miñas metas: a súa principal característica é que carece de comisión de administración nin mantemento. Tamén permite dispor dos teus aforros sempre que os necesites. Para empezar a utilizala, debes indicar o nome de cada meta, a cantidade que queres aforrar e o prazo que estimaches para cumprila. Con base na túa selección, envíache notificacións da evolución do aforro para que sempre esteas informado. Iso si, non che permite domiciliar unha nómina, recibo e outro tipo de ingresos similares.

Programa a túa conta. componse de 6 funcionalidades que che permiten conseguir un maior control da túa conta e, polo tanto, dos teus aforros. Terás a opción de establecer un saldo mínimo (para que a túa conta non quede ao descuberto), un máximo (para que, cando se alcance un límite preestablecido, o resto sexa traspasado a outra conta para poder aforralo), redondear as túas compras ata o seguinte euro (destinando “eses trocos” a unha segunda conta que poderás escoller), aforrar unha % da nómina ao comezar o mes (ou ben o que che sobre ao final do mes despois de realizar todos os gastos necesarios) ou o que che sobre dos orzamentos que marcaras nas diferentes categorías de gasto. Ningunha ten custo e, para comezar a usalas, unicamente necesitas ser o titular de, polo menos, dúas contas no BBVA.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta