Global Gateway: pagamentos electrónicos

Solucións de TPV para comercio electrónico: BBVA Global Gateway

A pasarela de pagamento para grandes comercios en liña.

 

  • 2 Máxima seguridade e control da fraude.
  • 2 Diferentes métodos de pagamento para vendas internacionais.
  • 2 Soporte 24 horas e xestores ao teu servizo.

As túas vendas non teñen límite

  • BBVA Global Gateway permíteche vender os teus produtos e servizos en 177 moedas distintas. Con este TPV para comercio electrónico os teus clientes poderán pagar coas principais tarxetas do mercado, mediante transferencia bancaria e con outros métodos de pagamento como PayPal ou AliPay.

    Ver todos os métodos de pagamento

Maior seguridade para o teu negocio

  • Introducimos os sistemas de seguridade máis avanzados para poderes vender os teus produtos con tranquilidade.
    PROTECCIÓN FRONTE Á FRAUDE
    Contamos cunha ferramenta de control da fraude que bloquea as compras fraudulentas e protexe os teus clientes. Tamén podes incluír as túas propias regras de control e listas negras neste TPV para comercio electrónico.
    SEGURIDADE NOS TEUS COBRAMENTOS
    Aseguramos os teus cobramentos con sistemas como as autenticacións, que verifican a identidade dos teus compradores, e as preautorizacións, que reteñen unha cantidade na tarxeta do teu cliente mentres se confirma o prezo final da compra.
BBVA Global Gateway acepta tarxetas das marcas Visa, MasterCard, JCB, American Express e Diners Club.

Dispoñibles para ti as 24 horas

  • Se necesitas axuda, podes falar co noso servizo de soporte a calquera hora do día os 365 días do ano. Ademais, contas co apoio de xestores especializados en diferentes temas:

    • Pagamentos en liña
    • Pagamentos internacionais
    • Normativa de marcas e sistemas
    • Prevención da fraude
    • Seguridade nos pagamentos
    • Devolucións
    • Melloras na conversión

Mellora a experiencia dos teus clientes

  • ACCESO DESDE CALQUERA DISPOSITIVO
    Os teus clientes poderán comprar sen problema a través deste TPV para comercio electrónico desde o seu móbil, ordenador ou tableta.
    PAGAMENTO RÁPIDO
    Con esta opción os teus clientes non terán que volver introducir os seus datos cada vez que realicen unha compra.
    PÁXINA DE PAGAMENTO PERSONALIZADA
    Poderás crear un proceso de pagamento á medida para os teus usuarios e incluír pantallas multiidioma.

Quérelo contratar?

  • Se queres utilizar BBVA Global Gateway, contacta co teu xestor persoal ou achégate ás nosas oficinas. Axudarémosche a contratar esta pasarela de pagamento para comercio electrónico e a escoller a tarifa que mellor se adapta á túa empresa.

Necesitas máis información?

Tamén che podería interesar

Ver máis TPV

Ser cliente do BBVA

  • Deseñamos produtos e ferramentas para simplificarche o día a día no teu negocio.
  • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.

BBVA My Business

Xestiona o teu negocio desde o móbil.

Queres controlar de forma fácil e intuitiva as vendas do teu negocio? Agora podes facelo con BBVA My business.