Renting Autoconsumo Solar

Mellora a eficiencia enerxética do teu negocio con equipos fotovoltaicos.

Pódelo solicitar na nosa empresa colaboradora Rent&Tech.
  • 2 Sen desembolsos iniciais.
  • 2 Non consome recursos propios.
  • 2 Nunha soa cota inclúense os gastos vinculados do proxecto.

Como funciona?

  • Co Renting Autoconsumo Solar poderás mellorar a eficiencia enerxética da túa empresa mediante o alugamento de paneis fotovoltaicos. Optimizarás o custo enerxético do teu negocio grazas ao autoabastecemento e, ademais, terás un consumo eléctrico máis verde e sostible.

    Logo de que fagas a solicitude de Renting Autoconsumo Solar farase un estudo inicial da instalación e o seu potencial aforro na factura enerxética, para ofrecerche propostas de financiamento acordes ás túas necesidades.

Que servizos inclúe?

  • O Renting Autoconsumo Solar inclúe os seguintes servizos:

    • Persoal especializado na xestión enerxética que supervisa e xestiona o teu proxecto de principio a fin.
    • Un estudo inicial cun primeiro predimensionamento da instalación e o seu potencial aforro na factura enerxética de acordo coas tarifas en vigor.
    • Visita dun consultor ou instalador para a presentación dun orzamento final con todos os detalles incluídos para a súa posta en marcha.
    • Xestión de compras e provedores de todos os elementos necesarios para a instalación dos paneis fotovoltaicos.
    • Soporte de mantemento a través da nosa rede de colaboradores e atención ao cliente.

Necesitas máis información?

Tamén che podería interesar

Ver máis financiamento

Ser cliente do BBVA

  • No BBVA queremos axudarche a impulsar o teu negocio ofrecéndoche o financiamento que necesitas.
  • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
  • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.
  • Descubre BBVA One View

    Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio.

    Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.
    Renting tecnolóxico Solicitar