BBVA España
Coa app do BBVA podes facer todo desde o móbil.
Abrir
Ir ao contido principal
Accede á páxina de Inicio de empresas
  • Persoas
  • Empresas
  • Faite cliente
  • Acceso Acceso Acceso
  • Menú Pechar
Premer enter
Suxestións

    Produtos

    Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    Oficinas e caixeiros
    Newsroom BBVA
    • Español
    • Català
    • English
    • Galego
    • Euskara
    Persoas Empresas
    • Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Servizo de agregación

        Se es autónomo, xa podes engadir os teus outros bancos á app do BBVA.

      • BBVA My Business

        Controla o día a día dos teus negocios, comodamente e desde o móbil.

      • BBVA One View

        Todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio co servizo de agregación.

      app BBVA Net Cash

      A app do BBVA coa que poderás xestionar as contas da túa empresa en calquera momento e lugar.
      Máis información
      Oficinas e caixeiros Newsroom BBVA
      Acceso Acceso Acceso
      Faite cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA

      BBVA AvalBox: xestión de avais en liña

      Xestiona os teus avais para empresas de maneira totalmente dixital.

      • Podes coñecer ao momento os teus límites de risco, os teus avais concedidos, datas de vencemento, beneficiarios, importes, etc.
      • Tramita directamente os teus avais para empresas desde calquera lugar.
      • Coa garantía da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

      Como funciona?

      • AvalBox é así de simple
        • Accede directamente desde Net Cash coas túas credenciais.
        • Solicita calquera aval, tanto se o beneficiario é unha empresa do sector privado como se o é do sector público.
        • Podes utilizar textos predefinidos ou modelos propios.
        • Informámosche do custo do aval desde o principio.
        • Decide o prazo que máis che conveña: con vencemento indeterminado ou cunha data de vencemento concreta.
        • A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre actúa como un terceiro de confianza.

        Ver vídeo

      Que vantaxes ofrece BBVA Avalbox?

      • Estas son as súas vantaxes
        • Ao ter a posibilidade de non usar o papel, elimínase o risco de que un aval se perda
          ou se deteriore.
        • Permíteche facer un seguimento do procedemento.
        • Podes consultar todos os avais emitidos, cancelados e executados.
        • Aforras tempo na tramitación do aval.
        • Podes xestionar avais para empresas directamente.

      Como podes presentar os avais para empresas?

      • Tes tres maneiras
        • Presentación dixital. A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ocúpase de comunicar a emisión do aval, de custodialo e tamén ofrece un servizo de verificación.
        • Presentación telemática ante un organismo público. Actualmente colaboramos coa Caixa Xeral de Depósitos do Tesouro Público e coa Xunta de Galicia.
        • Presentación oficina. Debes recoller o aval nunha oficina comercial do BBVA.

      Que tipo de aval de empresas queres?

      • Tes dúas opcións
        • Avais técnicos: O BBVA farase cargo das obrigas incumpridas polo titular (avalado), no caso dos contratos de subministracións (concursos, poxas, falta de pagamento do alugamento, cotas de renting ou leasing sen pagar, etc). Neste sentido, aseguras que o servizo ou obra se levará a cabo na forma solicitada.
        • Avais económicos: O BBVA avala o cumprimento das túas obrigas pero sempre cun límite monetario e/ou prazo establecido. Este é o tipo de aval bancario utilizado por ex. no alugamento dunha vivenda. No caso de empresas garanten simplemente que se pagará algo nun futuro.
          Dentro destes un subtipo son os avais financeiros: son avais económicos, só que neste caso se refiren ás obrigas de pagamento recollidas nunha nota promisoria ou nunha letra.
          • Comerciais: o banco garante a obriga de pagamento derivada dunha transacción comercial entre partes.
          • Non comerciais: créditos ou préstamos concedidos ao noso cliente por outros bancos ou entidades de crédito e garantidos por BBVA.

      Que condicións debes cumprir?

      • Estar dado de alta na banca en liña BBVA Empresas (BBVA Net Cash) co módulo Avais activado.

      Necesitas máis información?

      Desde o punto de vista xurídico, o aval dixital ten as mesmas garantías legais do que o aval en papel.

      No aval dixital, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre actúa como terceiro de confianza: comunica e custodia o aval, garda evidencias e ofrece un servizo de autenticación. Na presentación telemática, a FNMT non participa.

      A presentación telemática está limitada a algunhas administracións públicas (na actualidade: Caixa Xeral de Depósitos do Tesouro Público e Caixa Xeral de Depósitos de Galicia).

      Polo momento, só poden solicitarse avais nacionais. As liñas sobre as que se soliciten os avais e o importe do aval deben estar en euros.

      Contar cun Terceiro de Confianza (FNMT) proporciónache:

      • Comunicación e presentación do aval, tanto ao beneficiario como ao avalado.
      • Servizo de custodia do aval e das evidencias na emisión do aval.
      • Servizo de verificación.

      O beneficiario pode descargar unha copia dixital do aval en PDF durante 30 días tras a recepción do correo. Para iso debe introducir o Código Seguro de Verificación (CSV) na páxina de verificación facilitada pola FNMT.

      O beneficiario entregará un documento ao avalista ou ao avalado indicando que a garantía queda liberada. BBVA procederá a cancelar o aval unha vez sexa coñecedor deste documento.

      Avalista: banco, neste caso BBVA, que emite a garantía e se obriga a un pagamento en caso de incumprimento das obrigas do ordenante.
      Avalado: o cliente que solicita o aval.
      Beneficiario: terceiro a favor de quen se emite o aval. Pode ser unha persoa ou unha empresa.

      Tamén che podería interesar

      • Avais e garantías internacionais

        Garante o pagamento dos compromisos e obrigas que adquirises ante terceiros, sexas importador ou exportador.
        Máis información Solicitar
      • Seguros de cambio e compravenda de divisas

        • Compra e vende divisas a prezo pechado.
        • Reduce o risco de oscilación do valor das divisas. 
        • Diferentes modalidades dispoñibles.

         

         

        Ler máis Solicitar información
      Ver máis avais

      Ser cliente do BBVA

      • No BBVA poñemos á túa disposición as ferramentas para xestionar os pagamentos do teu negocio comodamente.
      • Somos líderes en innovación dixital e traballamos para facerche a vida un pouco máis fácil.
      • Cremos nunha forma de facer as cousas transparente, clara e responsable.

      Descubre BBVA One View

      Engade e controla todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio.

      Controla todas as túas contas e toma mellores decisións ao tempo que aforras tempo para a túa empresa.
      Máis información
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Avais
      2. AvalBox

      Pé de páxina

      • Outras seccións

        • Finanzas de un vistazo
        • Dicionario económico
          Expertos en empresas
          Negocio responsable
        • Seguridade
        • Divisas e moedas
        • Outras webs do BBVA
      • Servizos dixitais

        • Banca en liña empresas (Net Cash)
        • Apps
        • BBVA One View
          Agregador financeiro para autónomos
          BBVA My business
      • Pódeche interesar

        • Contas
        • Xestión de tesouraría
          Financiamento
          TPV
          Cobramentos
          Avais
          Comercio internacional
      • Precisas de axuda?

        Empresas facturación inferior a 5 millóns: 91 298 35 96

        Empresas facturación superior a 5 millóns: 91 296 70 70

        BBVA Net Cash: +34 91 224 98 02

        Oficinas e caixeiros
      Logo BBVA
      Aviso legal
      Cookies
      Datos persoais
      Informes legais
      Servizos de pagamento
      Tarifas
      Taboleiro de anuncios
      Negocio responsable
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S.A.-2021

      Creando oportunidades