Servizo de agregación de contas bancarias para empresas
Agrupa toda a información dos teus bancos.
-
Accede desde o web ou a app do BBVA.
-
Cómodo e fácil de usar.
-
Seguro: non se proporcionan claves de acceso.
Que é o agregador financeiro?
Imaxina que dunha soa ollada podes consultar a información de todos os teus bancos: estado das túas contas, as túas tarxetas, últimos movementos, recibos domiciliados, plans de pensións, etc.
Agora é posible co novo servizo de agregación do BBVA. Xa non terás que ir dunha app a outra porque o terás todo no mesmo sitio: en bbva.es ou na app do BBVA.
Como funciona?
Se es cliente do BBVA, conectar os teus outros bancos é moi fácil:
- Entra no web ou na app do BBVA.
- Selecciona a entidade e engádea utilizando as mesmas claves que utilizas para entrar na túa app ou no web.
Para o BBVA a seguridade é fundamental, nunca che pediremos as túas claves de operacións. Terás unha visión xeral de todos os teus gastos e ingresos, pero seguirás facendo os teus pagamentos e transferencias desde os teus outros bancos.
O teu banco no móbil coa app do BBVA