Como comezar a utilizar a app BBVA Net Cash
1. Descarga e instala hoxe mesmo a app e comeza a operar coas túas claves de conexión habituais da versión web. Sen necesidade de asinar ningún contrato adicional.
2. Sigue uns sinxelos pasos para activar o teu token móbil (integrado na app) e asinar operacións. Infórmate aquí.
Funcionalidades máis frecuentes da túa banca en liña
Accede comodamente desde a app.
- Consulta os teus movementos e o documento de cargo/aboamento asociado.
- Obtén información completa da túa posición financeira: produtos de investimento e aforro, financiamento, seguros e avais.
- Tarxetas: consulta os movementos, realiza traspasos e, no caso de perderes a tarxeta, bloquéaa desde o móbil.
- Ordena as túas transferencias nacionais e internacionais e obtén o xustificante. Podes ver máis información sobre isto neste vídeo.
- Anticipa as túas facturas de confirming.
- Realiza outras xestións como devolución de recibos, etc.
Coñece algunha das funcionalidades básicas da app neste vídeo.
Sempre que che sexa posible, asina as operacións desde a app de Net Cash
Asina 100 % desde a app, é máis fácil:
- Accede á app de BBVA Net Cash coas túas claves habituais.
- Localiza a opción de <Sinaturas e ficheiros> desde o menú lateral.
- Selecciona as túas operacións pendentes e asínaas, sen necesidade de incluír ningún código adicional (o token está integrado na app).
Se realizaches a operativa na versión app, poderala asinar directamente. Ver vídeo.
E se prefiro asinar no web?
- Cando vaias realizar a operación serache solicitado un código que debes xerar na app (token móbil).
- Para xerar este código, selecciona <Xerar código de seguridade> desde a pantalla de acceso (sen necesidade de acceder á app).
- Introduce o identificador da operación (que ves na pantalla/versión web) para xerar o código de seguridade.
- Automaticamente, a app xerará o código que necesitas para asinar a operación no web.
Descarga a app de BBVA Net Cash