Valor actual neto (VAN)

É o valor que terían no momento actual todos os cobramentos e pagamentos que se prevé que xere no futuro un determinado activo financeiro. Para ‘traer’ ou descontar eses fluxos, en xeral emprégase un tipo de xuro apropiado ao risco e ao horizonte temporal do devandito activo, baixo a hipótese de que se manterá sen cambios durante toda a vida do investimento (esta premisa adoita empregarse por simplicidade operativa).