Pagamento adiado

  • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 45 € o titular e 30 € o beneficiario, que se sumará ao capital e se pagará na súa totalidade na primeira cota. 

    • TIN: 17,52 % anual.
    • Límite de crédito 1.500 €

    Pagamento a prazos por unha cantidade fixa mensual: cada mes pagarás unha cantidade fixa mensual que inclúe capital, xuros e comisións. O importe mínimo mensual é de 18 € e poderá elixir calquera cantidade superior. 

    Se elixes unha cota fixa como forma de pagamento, o límite de crédito da túa tarxeta é de 1.500 € e realizas unha única compra por este importe o mesmo día no que contratas a tarxeta (por exemplo, o 1 de maio), ao tipo de xuro nominal anual do 17,52 % e cunha cota mensual de 145 € (que comprende capital, xuros e comisións), informámosche de que pagarás:

    • 11 cotas de 145 €. A primeira cota inclúe o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 45 €, polo que amortizas menos capital do importe total disposto. Esta comisión liquídase o día 30 do mes. 
    • Unha última cota de 96,74 euros.
    • O importe total a pagar será de 1.691,74 euros e a TAE resultante do 25,31 %.

    A cantidade fixa mensual non poderá ser inferior ao 3 % do saldo disposto que reflicta o extracto da "conta de tarxeta de crédito" antes da liquidación, máis os xuros xerados e as comisións correspondentes durante o período mensual de liquidación correspondente.

Pagamento personalizado

  • Este sistema permítelle adiar o pagamento do importe dunha compra realizada coa tarxeta ou o saldo disposto da súa tarxeta despois da liquidación mensual, sempre que sexa igual ou superior a 50 €. O importe das cotas será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros) e que dependerá do prazo que escolla, dentro dun mínimo de 7 cotas e un máximo de 36. Os pagamentos personalizados liquídanse no último día hábil de cada mes. 

    Pagamento personalizado con xuros 

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 45 €

    TIN: 18 % anual 

    Límite de crédito 1.500 € 

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 € e realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 12 meses, informámolo/a do que pagará:

    • a primeira cota será de 67,93 euros, inclúe só xuros e o importe íntegro da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 45 €.
    • as seguintes 11 cotas serán de 148,94 euros cada unha.

    O importe total que haberá que pagar será de 1.706,27 euros e a TAE resultante será do 26,17 %

    Pagamento personalizado con comisión

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 45 € 

    Comisión por adiamento: 2,9%, 3,6% 4,3% ou 5% sobre o importe adiado segundo o prazo escollido en 3, 4, 5 ou 6 meses. 

    Límite de crédito 1.500 € 

    A seguir detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses, xa que representan as TAE máximas e mínimas respectivamente. O TIN en todos os casos é o 0 %. 

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 6 meses, informámolo/a do que pagará: 

    A primeira cota será de 370 euros e incluirá a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 5 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 45 €.

    As seguintes 5 cotas serán de 250 euros cada unha. 

    O importe total que haberá que pagar será de 1.620 e a TAE resultante será do 32,60 %

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 3 meses, informámolo/a do que pagará:

    A primeira cota será de 588,50 euros e inclúe a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 2,9 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta que é de 45 €. 

    As seguintes 2 cotas serán de 500 euros cada unha. 

    O importe total que haberá que pagar será de 1.588,50 e a TAE do 43,15 %.

    Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.