Polo miúdo
-
Así podes utilizar o Préstamo Estudos Inferiores a 2 anos:
- Este préstamo persoal ofréceche a posibilidade de financiar o custo de estudos cuxa duración sexa inferior a dous anos, como por exemplo un mestrado, o pagamento dunha matrícula, anticipos de bolsas, Erasmus ou gastos de estudos no estranxeiro.
- Solicita a cantidade total que vaias necesitar ao longo do teu período de estudos (entre 1.000 € e 75.000 €) e o prazo de devolución (entre 1 e 7 anos).
- O Préstamo Estudos Inferiores a 2 anos ten un período de carencia de capital desde 6 meses ata 2 anos e fixarase en función da duración dos estudos. Que significa isto? Que durante este tempo só pagas os xuros do préstamo, non pagas capital.
- Unha vez acabado o período de carencia iníciase o período de amortización, que durará ata cumprirse o prazo escollido para a devolución do préstamo. As cotas corresponderán ao pagamento dos xuros e do capital disposto.