Tratamento de datos persoais

Que finalidade ten esta Política de protección de datos persoais?

Esta política de protección de datos persoais (“Política de protección de datos persoais”) ten por obxecto dar a coñecer o modo en que obtemos, tratamos e protexemos os datos persoais que facilites ou recollamos a través do noso sitio web bbva.es (o “Sitio web”) por medio de formularios e/ou cookies para que poidas decidir libre e voluntariamente se desexas que os tratemos. 

Cando contrates produtos ou servizos co Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (“BBVA”) o tratamento de datos persoais realizarase de conformidade co que se establece no documento correspondente.

O Sitio web é titularidade do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (“BBVA”). Para máis información sobre o BBVA e o Sitio web consulta en Aviso legal e Condicións de uso.

Neste documento informámoste sobre o tratamento da información que o BBVA obtén a través do Sitio web pero non é aplicable á que poida ser obtida por terceiros noutras páxinas web, mesmo se estas se encontran ligadas polo Sitio web.

Lembrámosche a importancia de ler esta Política de protección de datos persoais en cada unha das ocasións en que vaias utilizar o Sitio web, xa que esta pode sufrir modificacións.

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (“BBVA”), con domicilio social na Plaza de San Nicolás, 4, 48005, Bilbao, España. 

Enderezo de correo electrónico: consultasgenerales@bbva.com

Como te podes pór en contacto co Delegado de Protección de Datos do BBVA?

Poderás contactar co delegado de protección de datos do BBVA na seguinte ligazón.

Para que utilizamos os teus datos persoais?

  1. Para xestionar a túa navegación a través do Sitio web conforme á Política de cookies que podes consultar aquí.
  2. Para as finalidades e coa lexitimación que se indiquen en cada un dos formularios de recollida de datos persoais do Sitio web. 

No BBVA tratamos os teus datos persoais con absoluta confidencialidade, comprometéndonos a gardar segredo sobre eles e garantindo o deber de gardalos adoptando todas as medidas necesarias que eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo coas obrigas legais que se nos aplican como responsables do tratamento dos teus datos persoais. 

BBVA temos implementados e mantemos os máis altos niveis de seguridade esixidos pola lexislación para protexer os teus datos de carácter persoal fronte a perdas fortuítas e accesos, tratamentos ou revelacións non autorizados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos. Pode consultar o apartado de Seguridade do BBVA aquí.

O BBVA enviarache comunicacións comerciais?

A través dos formularios de recollida de datos o BBVA podería conseguir o teu consentimento para pórse en contacto contigo por correo ordinario, correo electrónico, SMS, ou calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente, para remitirche comunicacións comerciais sobre os seus propios produtos e/ou de terceiros identificados no formulario.

Se nun determinado momento non desexas recibir comunicacións desta natureza, poderás revogar o teu consentimento mediante o envío da notificación ao seguinte enderezo derechosprotecciondatos@bbva.com ou ao Servizo de Atención ao Cliente do Grupo BBVA, APDO.: 1598 - 28080 Madrid, ou ben utilizando a ligazón habilitada para ese fin nas comunicacións comerciais que recibas.

Durante canto tempo conservaremos os teus datos?

Durante o tempo que indique o formulario que, se é o caso, che presentemos para facilitar os teus datos persoais ao BBVA, así como o prazo sinalado na Política de cookies. 

A quen comunicaremos os teus datos?

Non cederemos os teus datos persoais a terceiros, a non ser que esteamos obrigados por unha lei ou que ti o consintas.

Cando sexa necesario o teu consentimento para comunicar os teus datos persoais a terceiros, nos formularios de recollida de datos informarémoste da finalidade do tratamento, dos datos obxecto de comunicación así como da identidade ou sectores de actividade dos posibles cesionarios dos teus datos persoais.

Podes consultar na Política de cookies BBVA os terceiros que reciben datos persoais mediante cookies a partir deste sitio web.

Ademais informámoste de que, para a mesma finalidade que a indicada no parágrafo anterior, determinadas sociedades que prestan servizos ao BBVA, poderían acceder aos teus datos persoais (transferencias internacionais de datos). As devanditas transferencias realízanse a países cun nivel de protección equiparable ao da Unión Europea (decisións de adecuación da Comisión Europea, cláusulas contractuais tipo así como mecanismos de certificación) Para máis información podes dirixirte ao Delegado de Protección de Datos do BBVA no seguinte enderezo electrónico: dpogrupobbva@bbva.com.

O BBVA utiliza cookies neste website?

No noso Sitio web utilizamos unha tecnoloxía denominada “cookies". Para máis información detallada sobre como utiliza BBVA as cookies, consulta a Política de Cookies aquí

O BBVA utiliza ligazóns a outras páxinas web?

O Sitio Web pode conter ligazóns a outras páxinas web. Ten en conta que o BBVA non é responsable da privacidade e o tratamento de datos persoais doutras páxinas web. Este documento de Política de protección de datos persoais aplícase exclusivamente á información que o BBVA obtén no Sitio web. Recomendámosche que leas as políticas de tratamento de datos persoais doutras páxinas web ás que accedas desde o noso Sitio Web ou que visites de calquera outro xeito. Así mesmo, poderás obter máis información sobre a nosa política de ligazóns no noso Aviso legal aquí.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

Dereito Contido Canles de atención
Dereito
Acceso
Contido
Poderás consultar os teus datos persoais incluídos en ficheiros do BBVA
Canles de atención

derechosprotecciondatos@bbva.com 

Servizo de atención ao cliente do Grupo BBVA, APDO.: 1598 - 28080 Madrid. 

Oficinas BBVA

Dereito
Rectificación
Contido
Poderás modificar os teus datos persoais cando sexan inexactos. 
Dereito
Supresión
Contido
Poderás solicitar que non se traten os teus datos persoais.
Dereito
Limitación do tratamento
Contido

Poderás solicitar a limitación ao tratamento dos teus datos nos seguintes casos:

- Mentres se comproba a impugnación da exactitude dos teus datos. 

- Cando o tratamento é ilícito, pero oposte á supresión dos teus datos. 

- Cando o BBVA non necesite tratar os teus datos pero os necesites ti para o exercicio ou a defensa de reclamacións. 

- Cando te opuxeses ao tratamento dos teus datos para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus. 

Dereito
Portabilidade
Contido
Poderás recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitases, así como transmitilos a outra entidade. 
Dereito

Se consideras que non tratamos os teus datos persoais de acordo coa normativa, podes contactar co delegado de protección de datos na seguinte ligazón.

Non obstante, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Dereito
O exercicio destes dereitos é gratuíto.
A través do presente documento de tratamento de datos persoais (“Tratamento de Datos Persoais”) regúlase o tratamento dos datos persoais facilitados polos usuarios (o “Usuario” ou os “Usuarios”) do sitio web www.bbva.es (o “Sitio Web”) titularidade do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (“BBVA”). Pode consultar a información relativa ao BBVA en Aviso legal e Condicións de uso.

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

O responsable do tratamento dos teus datos será o Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (“BBVA”), con domicilio social en Plaza San Nicolás 4, 48005, Bilbao.

Trataremos os datos persoais que nos facilites durante o referido uso da banca en liña para empresas para:

  • Para xestionar a túa navegación a través do Sitio web conforme á Política de cookies que podes consultar aquí.
  • Para as finalidades e coa lexitimación que se indiquen en cada un dos formularios de recollida de datos persoais do Sitio web. 
  • Se es representante ou apoderado dunha empresa cliente do BBVA, para a xestión do contrato de adhesión aos servizos telemáticos que permite o uso e acceso á banca en liña para empresas, no que intervés pola túa relación xurídica cun cliente do BBVA.

A base legal que nos habilita para ese tratamento é o cumprimento do devandito contrato.

Ademais, trataremos os teus datos para a prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo, aos efectos de que BBVA poida cumprir coas obrigas legais de recollida de información e identificación, así como de subministración de información sobre operacións de pagamento ás autoridades doutros países, dentro e fóra da Unión Europea, sobre a base da lexislación dalgúns países e acordos asinados entre os mesmos.

Durante canto tempo conservaremos os teus datos?

Conservaremos os teus datos mentres estea vixente o contrato, así como o prazo sinalado na Política de cookies. Unha vez finalizado, quedarán bloqueados durante os prazos de prescrición legal, con carácter xeral 10 anos por normativa de prevención de branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Transcorridos os prazos de prescrición legal, os datos destruiranse.

A quen comunicaremos os teus datos?

Non os cederemos a terceiros, non sendo que a lei así o estableza.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

Poderás exercitar os dereitos sobre os teus datos persoais segundo che explicamos a seguir:
Dereito Contido Canles de atención
Dereito
Acceso
Contido
Poderás consultar os teus datos persoais incluídos en ficheiros do BBVA
Canles de atención

derechosprotecciondatos@bbva.com 

Servizo de atención ao cliente do Grupo BBVA, APDO.: 1598 - 28080 Madrid. 

Oficinas BBVA

Dereito
Rectificación
Contido
Poderás modificar os teus datos persoais cando sexan inexactos. 
Dereito
Supresión
Contido
Poderás solicitar que non se traten os teus datos persoais.
Dereito
Oposición
Contido
Poderás solicitar que non se traten os teus datos persoais.
Dereito
Limitación do tratamento
Contido

Poderás solicitar a limitación ao tratamento dos teus datos nos seguintes casos:

- Mentres se comproba a impugnación da exactitude dos teus datos.

- Cando o tratamento é ilícito, pero oposte á supresión dos teus datos.

- Cando BBVA non necesite tratar os teus datos, pero ti os precises para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

- Cando te opuxeses ao tratamento dos teus datos para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.

Dereito
Portabilidade
Contido
Poderás recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitases, así como transmitilos a outra entidade. 
Dereito

Se consideras que non tratamos os teus datos persoais de acordo coa normativa, podes contactar co delegado de Protección de Datos no enderezo dpogrupobbva@bbva.com

Non obstante, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Dereito
Para exercitar os teus dereitos, acompaña a túa solicitude cunha copia do teu DNI ou documento equivalente acreditativo da túa identidade.
Dereito
O exercicio destes dereitos é gratuíto.

Así mesmo, podes retirar o consentimento prestado en calquera momento sen que iso afecte á licitude do tratamento, enviando a túa solicitude ao enderezo de correo electrónico derechosprotecciondatos@bbva.com, ao Servizo de Atención ao Cliente do Grupo BBVA, APDO.: 1598 - 28080 Madrid, ou acudindo a algunha das nosas sucursais. Lembra acompañar a túa solicitude cunha copia do teu DNI ou documento equivalente acreditativo da túa identidade.

Última actualización: maio 2018

  • Para clientes, non clientes ou para terceiros

    Se queres exercer os teus dereitos de acceso, rectificación,
    supresión, oposición, limitación e/ou portabilidade.
  • Para dúbidas ou consultas

    Se tes dúbidas sobre a política de protección de datos do BBVA ou algunha consulta acerca de como o BBVA trata os teus datos.
Para consultas ou reclamacións con algún produto ou servizo

Se necesitas algún certificado ou documentación, ou se pensas que puideches ser obxecto de fraude na banca dixital ou nas túas tarxetas, podes pórte en contacto co Departamento de Atención ao Cliente.