Que cobre este seguro?

  • En función da natureza da túa actividade ou a da túa peme poderás acceder ás seguintes coberturas:

    • RC Explotación: Responsabilidade consecuencia directa do desenvolvemento da súa actividade empresarial ou, se é o caso, da titularidade privada ou evento concreto que constitúa o obxecto de aseguramento.
    • RC Inmobiliaria: Responsabilidade derivada da propiedade de edificacións e terreos ou da realización de obras de mantemento ou reformas da edificación.
    • RC Locativa: Responsabilidade que para o asegurado deriva da súa condición de arrendatario da edificación en que desenvolve a actividade empresarial, fronte ao propietario desta e sempre que os danos á referida edificación sexan consecuencia directa de incendio, explosión ou acción da auga.
    • RC Subsidiaria: A responsabilidade que o asegurado asume, non directamente, por actos de terceiros coa súa propia actividade e, en concreto, por actos de persoas que non teñan relación de dependencia co asegurado (subcontratistas) ou pola condución de vehículos da súa propiedade ou alugados por parte dun empregado do noso cliente.
    • RC Contaminación: A responsabilidade derivada de feitos ou omisións accidentais que xeran contaminación producida como máximo 120 horas de antelación á súa detección (contaminación accidental).
    • RC Danos a Estremeiros / Conducións: Danos causados a inmobles lindeiros e/ou a conducións subterráneas e a ceo aberto causados con motivo da actividade do asegurado.
    • RC Traballos en Quente: Os danos a terceiros derivados de traballos “en quente”, tales como traballos de esmerilaxe, corte con amoladeira, soldadura branda e dura, traballos de desconxelación con soprete, colaxes e recubrimentos con procedementos de calor, etc.
    • RC Danos a Bens de Terceiros: Danos derivados da custodia de bens persoais dos clientes gardados dentro do recinto empresarial asegurado.
    • RC Danos a Vehículos: Danos, subtracción ou destrución dos vehículos a motor, incluídos accesorios fixos, que se achen en poder do asegurado, durante a custodia, reparación, limpeza e desprazamentos no interior do recinto empresarial.
    • RC Probadores: A responsabilidade que deriva dos percorridos de proba por vías públicas dos vehículos, antes ou durante a reparación destes, incluído o transporte desde o domicilio do cliente ao taller e viceversa.
    • RC Patronal: Considéranse terceiros os empregados e asalariados ao servizo do asegurado, polo que queda garantida a responsabilidade civil que lle pode ser esixida por danos persoais causados a estes.
    • RC Cruzada Enténdese por tal a responsabilidade que para o asegurado resulte de danos corporais sufridos por empregados de contratistas e subcontratistas do citado asegurado.
    • RC Bens de Empregados: Danos derivados da custodia de bens persoais dos empregados, gardados dentro do recinto empresarial asegurado.
    • RC Produtos: Responsabilidade civil que poida derivar polos danos causados polos produtos despois da súa entrega ou os traballos ou servizos realizados.
    • RC Postraballos: Responsabilidade do asegurado polos danos causados como consecuencia de traballos ou servizos despois da súa execución.
    • RC Unión e Mestura: Responsabilidade civil derivada de danos a bens alleos fabricados mediante mestura ou unión de produtos do asegurado con outros de terceiros.
    • RC Substitución: Os gastos ocasionados a terceiros pola substitución de produtos do asegurado cando se incorporan ou montan noutros bens, pero de tal modo que é posible a súa separación en caso de que se constate que son defectuosos
    • RC Retirada: Os gastos ocasionados ao asegurado con motivo de procedementos e aclaracións necesarias para evitar riscos previsibles para a saúde e a seguridade das persoas, como consecuencia de defectos existentes nos produtos subministrados polo asegurado.
    • RC Profesional: Aquela responsabilidade derivada do exercicio dunha profesión colexiada (avogados, xuíces, secretarios de concello, titulares mercantís…). Por exemplo, unha perda ou destrución de datos por parte dunha consultoría.