Agroleasing

  • Trátase dunha fórmula de financiamento baixo arrendamento con opción a compra, destinada a todo tipo de empresas dedicadas a actividades agrícolas, forestais e gandeiras, e que permite o arrendamento de maquinaria agrícola e non agrícola, instalacións fotovoltaicas ou gando de porcas nais ou vacún leiteiro. 
    O prazo mínimo de financiamento son 24 meses e o máximo 6 anos para maquinaria, 5 anos para gando e 14 para placas fotovoltaicas.
    Vantaxes
    • Trátase de investimentos produtivos que poden autofinanciarse cos rendementos obtidos polo uso do ben sen desembolso inicial.
    • As cotas son gastos fiscalmente deducibles. 
    • Compatible con programas de subvencións ou axudas das administracións. 
    • Permite rendibilizar un elemento de activo ata agora improdutivo (cubertas ou teitumes) con ingresos garantidos por Lei. 
    • O IVE da compra pagámolo nós. 
    • Investimento garantido ante roubo de gando, morte por accidente e responsabilidade civil como propietario co seguro gandeiro obrigatorio.